Ficheiros: 

Escola_de_Musica_inicio.pdf

Matricula_Escola_de_Musica_01.pdf

O Servizo de Normalización Lingüística oferta un curso de galego oral para persoas inmigrantes que se está a realizar na casa do concello en horario de 10.00 a 11.00 h, os luns e os venres.

Ficheiros: 

curso_galego_oral.pdf

A Baña despide o voluntariado galego que colaborou durante os meses de verán nos campamentos lúdico-deportivos así como todos os participantes e familias cunha gran festa na que poderán gozar dunha tarde de lecer con humor e música en galego.

Primeiro, ás 17.30 h, comezará a súa actuación  Rudi Dudi, un clown, enviado pola Rede Cultural 2014, que consegue atrapar un público sen límite de idade co seu espectáculo dinámico e interactivo.

Máis tarde, ás 19.00 h, A Baña, como concello que forma parte da Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística, contará con Os sons do vento que pasa, concerto de fados en galego para todas as idades. Este espectáculo permite un acercamento á música tradicional portuguesa a través da lingua galega, con cancións interpretadas por Gonçalo Guerreiro na voz e por Dani Pais coa guitarra eléctrica e pedal de loops; isto confírelles aos fados unha dimensión contemporánea.

Ao longo de toda a tarde, tamén o voluntariado do Concello da Baña realizará diferentes actividades de dinamización coas persoas asistentes. E como remate final da xornada, o Concello ofertará unha pequena merenda como agradecemento ao labor desenvolvido polos 8 mozos e mozas, menores de 30 anos, que axudaron durante todo o verán nas actividades de conciliación ofertadas desde o Concello.

Ficheiros: 

cartel_Festa_de_despedida_VERAN_VOLUNTARIO_2014.pdf

  • PERSOAS DESTINATARIAS: nenos/as con idades comprendidas entre os

7-18 anos (incluídos)

  • LUGAR:albergue xuvenil Virxe de Loreto de Porto do Son
  • DATAS: do 22 ao 29 de agosto
  • PRAZAS:limitadas por orden de inscrición
  • INSCRICIÓN E INFORMACIÓN: Concellaría de Xuventude e Deportes
  • TELÉFONO: 981 886 501
  • PRAZO DE INSCRICIÓN: do 14 de xullo ao 8 de agosto
  • PREZO: 70 euros

Ficheiros: 

FICHA_DE_INSCRICION_02.pdf