A Concellaría de Xuventude, Deporte e Actividades Deportivas vai celebrar a clausura das Escolas Deportivas cunha viaxe á Comarca de Ortegal.
RUTA DE SENDEIRISMO: Ruta das algas e Ruta dos castros
DATA: 19 de xuño de 2010
HORA DE SAÍDA: 8.00 h
HORA DE CHEGADA: 22.30 h
PERCORRIDO: Céltigos-Espasante
PRAIAS: Vimbieiro, Eirón, San Antonio e A Cuncha
A viaxe é gratuíta para os/as participantes nas Escolas Deportivas aos/ás que poderán acompañar os seus pais ou un/unha titor/a. As persoas acompañantes deberán aboar 10 €.
As persoas interesadas deberán inscribirse no Departamento de Cultura antes do 16 de xuño.
Ficheiros:
Viaxe_de_clausura_das_Escolas_Deportivas.pdf