O tempo favoreceu o alumnado do CPI San Vicente e permitiulle gozar da Ruta literaria polos lugares de Vilarnovo, Canlís, Fampousa, O Castro, Salvande, Xasoso e A Castiñeira proposta polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Baña.

A ruta comezou arredor das 11.00 h, do xoves, 13 de maio e, despois de percorrer boa parte dos lugares da Baña e de ler e gravar unha estrofa en cada un dos lugares, rematou no CPI San Vicente aproximadamente dúas horas despois.