24 de xullo

O BOP publica este 24 de xullo as bases reguladoras para a creacionista dunha bolsa de emprego e técnico/a de normaliación lingüística como persoal laboral temporal do Concello da Baña.

O prazo para presentar a documentación requerida é de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

A publicación do BOP pódese consultar no arquivo adxunto

 

21 de xullo

O Concello da Baña vén de aprobar a convocatoria e as bases reguladoras para a creación dunha bolsa de emprego de técnico/a de normalización lingüística como persoal laboral temporal (grupo I), co obxectivo de dar cobertura ás necesidades derivadas da posta en marcha do programa A Baña en galego, unha iniciativa municipal para fomentar o uso da lingua galega.

Esta contratación está financiada pola Deputación da Coruña, ao abeiro da convocatoria de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación de persoal técnico de normalización lingüística no ano 2025.

O sistema de selección será por concurso-oposición.

O prazo será de 10 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. 

As bases e a convocatoria poden consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.