12 de abril de 2024
Faise pública a listaxe definitiva de persoas, coas súas puntuacións, que conformarán a bolsa de emprego convocada polo Concello da Baña para cubrir prazas de auxiliar administrativo.
A resolución da alcaldía coa aprobación da bolsa pode consultarse premendo nesta ligazón e en documento adxunto.
5 de abril de 2024
Faise pública a relación provisional de méritos da fase de concurso-oposición do proceso selectivo destinado á creación dunha bolsa de emprego para cubrir prazas de auxiliar administrativo no Concello da Baña.
Ábrese un periodo de dous días hábiles a contar dende o 6 de abril para que as persoas interesadas poidan formular relcamacións ou alegacións.
A puntuación de méritos pode consultarse nesta ligazón e no documento adxunto.
19 de marzo de 2024
Publícase a puntuación da fase de concurso así como a data, lugar e hora para a fase oposición do proceso selectivo para a selección dunha bolsa de emprego para cubrir prazas de auxiliar administrativo no Concello da Baña.
A data do exame queda fixada para o día 2 de abril de 2024 ás 10:00 h, no salón de actos do CIP San Vicente, sito na rúa Tedelle, Concello da Baña.
O decreto coa puntuación da fase de concurso e coa convocatoria da fase de oposición pode consultarse no arquivo adxunto e premendo nesta ligazón. Tamén poden consultarse as actas da primeira sesión e da segunda sesión do tribunal de selección.
19 de febreiro de 2024
Faise pública a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso selectivo para a conformación dunha bolsa de emprego destinada a cubrir prazas de auxiliar administrativo no Concello da Baña.
Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 10 días hábiles para formular reclamacións.
O decreto pode consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.
24 de xaneiro de 2024
O Concello da Baña convoca un proceso selectivo para a conformación dunha bolsa de traballo temporal destinada a cubrir as posibles ausencias nas prazas de auxiliar administrativo.
O anuncio e a aprobación das bases pódense descargar nos arquivos adxuntos.