O equipo de goberno do Concello da Baña ten a intención de aprobar á maior brevidade posible unha ordenanza de ruídos coa fin de protexer tanto ás persoas como aos bens dos danos ocasionados polas agresións acústicas dentro dos límites do municipio para salvagardar a saúde e a calidade de vida da veciñanza, ademais de preservar o medio ambiente.
A noma mormativa implicará que o Concello levará a cabo as accións que estime pertinentes para facer cumprir a ordenanza, mandará facer as inspeccións que sexan precisas, esixirá a adopción das medidas preventivas necesarias así como as correctoras no caso de incumprimento e aplicará as sancións que se determinen.
Pensando na redacción desta ordenanza e co desexo do equipo de goberno de facilitar a participación cidadá, as persoas e organizacións potencialmente susceptibles de ser afectadas pola pola futura norma poderán aportar por escrito as súas suxestións e opinións a través da sede electrónica do Concello da Baña. As aportacións realizaranse picando nesta ligazón ao formulario de achega de documentación complementaria co seguinte código de expediente: 2023/G013/000002.
No documento adxunto poderá descargarse o anuncio municipal do procedemento de participación pública previa á aprobación da ordenanza municipal.