-
Impartirarse a partir das seis da tarde pola plataforma Zoom
-
Todas as persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 607 153 604 ou mandando un mail a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Tralo éxito acadado polo primeiro obradoiro de regueifa en liña celebrado o pasado mes de febreiro, o Concello da Baña volve convocar para este sábado 6 de marzo un novo taller telemático de improvisación oral en verso. O curso, gratuíto, será impartido outra vez a través da plataforma Zoom pola xornalista e profesora de galego Olalla Liñares.
Este taller en liña comezará ás seis da tarde e terá unha duración aproximada de hora e media. Poderá inscribirse calquera persoa que o desexe enviando un correo electrónico ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) ou chamando por teléfono ao número 607 153 604. Terá que indicar nome, apelidos, dirección de correo electrónico e número de teléfono. No caso de que o interesado teña menos de doce anos, deberá estar acompañado durante o obradoiro dunha persoa adulta.
No primeiro obradoiro, celebrado o pasado 13 de febreiro, participaron un total de quince persoas. Conectáronse dende A Baña, Negreira, Santiago, A coruña, Vigo e ata Brasil e remataron o taller improvisando xa as súas propias regueifas.