O Concello da Baña vén de arranxar tres viais municipais co Plan de mellora de Camiños Rurais 2023-2024 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), que está cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader), dentro do marco do plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia.ç
As obras executadas con esta axuda da Unión Europea foron a mellora do viario que vai de Portochán ata Vilacoba, a mellora da pista dende Guimráns ata Cabana e o arranxo do camiño que une A Carballeira con Ferreiros.