3 de outubro
O Concello da Baña fai pública a resolución da alcaldía coa listaxe definitiva de rapazada admitida nas Escolas deportivas municipais para o curso 2023-2024.
A listaxe pódese consultar en documento adxunto e premendo nesta ligazón.
13 de setembro
O Concello da Baña fai pública a resolución da alcaldía coa listaxe provisional de rapazada admitida nas Escolas deportivas municipais para o curso 2023-2024.
A listaxe pódese consultar en documento adxunto e premendo nesta ligazón.
1 de setembro
O Concello da Baña abre o prazo de inscrición para participar nas Escolas deportivas municipais para o curso 2023-24, que van comezar o vindeiro luns 11 de setembro. As persoas interesadas en coñecer as diferentes disciplinas poderán acudir a practicalas durante as xornadas de portas abertas entre os día 11 e 18 deste mes.
O prazo para matricularse neste servizo que ten como obxectivo facilitar a conciliación ás familias do municipio así como achegar e promover a actividade física a toda a poboación do concello da Baña estará aberto dende mañá, sábado día 2, ata o luns 11 de setembro. A inscrición poderá facerse na sede electrónica do Concello ou presencialmente nas oficinas municipais
A novidade neste curso será o pádel e o baloncesto, que se suman deste xeito ao tenis, pilates, tenis de mesa, xadrez en liña, patinaxe artística, karate, judo e baile moderno como as disciplinas que forman parte da ofertan entre os meses de setembro a maio, ámbolos dous incluídos.
O número mínimo de usuarios para cada actividade será de cinco, sen prexuízo de eliminar a actividade da escola se non se chega a ese número mínimo.
As clases desenvolveranse en horario de tarde, coincidindo co calendario escolar anual. O servizo está dirixido á poboación xeral, a partir dos tres anos de idade.
As Escolas deportivas da Baña desenvolveranse a partir das 15.30 horas ofertando: baile moderno e baloncesto os luns e xoves; judo os luns; patinaxe artística (dividida en dous grupos) e karate os martes e xoves; pilates os mércores e venres; tenis os xoves; tenis de mesa os venres; e pádel os venres e sábados.
O custo é de 60 euros por tempada e actividade. No caso de inscribirse en máis dunha actividade o prezo será de 90 euros por curso. Haberá tamén a posibilidade de adquirir un bono familiar polo cal a contía será de 99 euros por tempada no caso da inscrición de dous membros da mesma unidade familiar, e de 132 se un dos integrantes realiza dúas ou máis actividades. No caso de tres ou máis membros da mesma unidade familiar cunha actividade cada un o prezo será de 132 euros e cun dos membros en dúas ou máis de 150.
A inscrición nas Escolas deportivas municipais da Baña debe facerse cubrindo o formulario que se pode descargar na páxina web e, unha vez cuberto, remitilo a través da sede electrónica do Concello ou remitindo a documentación por correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. xunto coa documentación requerida. Tamén se poden entregar na Concellería de Deportes.
Ademais da ficha de inscrición debidamente cuberta, para formalizar a matrícula é preciso entregar tamén cubertas tanto a autorización de imaxe, como a declaración responsable e a domiciliación bancaria. Estes documentos pódense descargar nos arquivos adxuntos, en formato PDF editable, que facilitan cubrilos no ordenador e poder remitilos, unha vez asinados, á sede electrónica do Concello da Baña.