A Baña é un dos vinte concellos que se beneficiará dunha subvención da Unión Europea (UE) de 15.000 euros para instalar wifi gratuíta en espazos públicos dentro do programa marco Wifi4EU (Wifi para la UE). Esta iniciativa de Bruselas vai beneficiar a uns 3.400 concellos en toda a Unión Europea, dos que 510 son españois. Os municipios que participan neste programa deberán poñer conexións wifi de alta velocidade en espazos públicos como prazas, bibliotecas, centros de saúde ou locais sociais.
O Concello da Baña disporá de 18 meses para definir o seu proxecto e seleccionar a compañía que se encargará da instalación, ademais de elixir o operador que prestará este servizo durante tres anos cunha velocidade mínima de 300 megas. O Concello deberá asumir os custos de mantemento.
Na contorna de Santiago, ademáis da Baña, tamén foron seleccionados os concellos de Ordes, Porto do Son, Ribeira, Vedra e Vimianzo.
Esta semana, a Comisión Europea anunciou o nome dun total de 3.400 municipios europeos (510 en España) que recibirán estas subvencións, que se enmarcan dentro do programa Wifi4 EU (Wifi para a UE, en inglés), co que a UE quere apoiar a instalación de conexións de alta velocidade para entre 6.000 e 8.000 municipios en todo o bloque comunitario, grazas a un orzamento que rolda os 120 millóns de euros para o período 2018-2020.
A convocatoria para solicitar estas axudas estivo aberta apenas dous días (do 4 ao 5 de abril) e responderon á chamada ao redor de 10.000 concellos. Segundo Bruxelas, o 98 % dos municipios presentaron a súa solicitude no primeiro minuto tras a apertura da convocatoria, na que se reparten os bonos por orde de inscrición.
España sitúase, xunto a Italia e Francia, á cabeza dos países onde máis concellos beneficiaranse da segunda convocatoria deste tipo de axudas que convoca. Nos tres casos contan con 510 localidades seleccionadas, o que supón un 15 % para cada un do orzamento previsto para esta convocatoria, que é o teito que fixan as normas. Bruxelas aínda convocará outras dúas licitacións de aquí a que conclúa o proxecto, unha delas antes de que acabe este ano.