-
O alcalde, José Antonio Pereira, asistiu hoxe ao acto de inauguración
-
Impúlsano os concellos da Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra, que aportan cinco alumnos cada un
-
O revestimento da escola unitaria de Corneira será outro dos traballos que se acometeran durante os nove meses de formación
O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, asistiu esta mañá ao acto de inauguración do obradoiro dual de emprego “Promoción 2021”, impulsado polos concellos da Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra co obxectivo de ofrecer formación e traballo a persoas maiores de idade desempregadas, á vez que se realizan obras de mellora e limpeza das infraestruturas públicas nestes catro municipios.
O obradoiro, que se desenvolverá durante nove meses ata o 27 de xullo de 2022, conta con dúas especialidades e un total de vinte alumnas e alumnos, cinco por cada concello. No caso da Baña, Isabel Cobas e María Asunción Rodríguez cursarán o certificado de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Pola súa parte, José Francisco Alfonso, Rocío Tuñas e Fernando Iglesias desempeñaranse en Operacións auxiliares en revestimentos contínuos.
Os traballos previstos comprenden o mantemento das área recreativas de Fiopáns, Chans e Chousa (Lañas), a creación dun parque micolóxico na finca Agro do Miñana no Barro, a limpeza e rozadoira da Vía Mariana e o revestimento da escola unitaria de Corneira.