O centro de saúde da Baña vén de informar o Concello da aparición dun caso positivo en covid-19.
A persoa afectada atópase xa illada e baixo confinamento na súa casa, seguindo todos os protocolos establecidos. As autoridades sanitarias están rastreando os seus contactos para atallar a situación coa maior eficacia posible. Ata o momento, realizáronse máis de vinte probas PCR entre os achegados, dos que se esperan resultados.
Neste momento tócanos manter a calma, pero é necesario extremar as medidas de seguridade e hixiene:
- Uso obrigatorio da máscara
- Hixiene continua de mans
- Manter a distancia social e evitar as reunións multitudinarias
E, recorden, se senten síntomas compatibles coa Covid-19 (febre, tose seca, malestar xeral, dificultade para respirar), non vaian directamente ao centro de saúde, deben chamar ao 061.
Poden obter máis información na web coronavirus.sergas.es e no teléfono 900 400 116.