20190720 PAI Baña preinscricionO Concello da Baña abre un novo prazo de preinscrición para cubrir as tres prazas que quedaron vacantes no Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña, unha vez que rematou a primeira período de matriculación para o curso 2019-2020. As familias con nenos ou nenas de 3 meses a 3 anos que queiran levarlos ao PAI da Baña deberán presentar a documentación entre os días 23 e 26 de xullo na Concellaría de Cultura e Servizos Sociais da Baña, en horario de 09.00 a 14.00 horas.

As nenas e nenos que acudiron o curso 2018-2019 ao PAI da Baña teñen xa garantida praza para o vindeiro curso escolar 2019-2020. Dende a Concellería de Cultura e Servizos Sociais poranse en contacto coas familias para indicarlles a documentación que terán que presentar para renovar a matrícula e os prazos no que deberán facelo.

As tres prazas vacantes poderán solicitalas as familias que non son usuarias do PAI, que teñen nenos ou nenas maiores 3 meses e que non tiveran cumpridos os 3 anos o 31 de decembro de 2018, agás que teñan necesidades específicas de apoio educativo susceptibles de integración.

Nos arquivos adxuntos pódese consultar o Anexo I que deben cubrir e entregar todas as familias interesadas en solicitar praza; o baremo que se seguirá para a puntuación dos aspirantes, o BOP no que aparece a resolución da alcaldía co período de preinscrición.

Para solicitar a preinscrición neste novo período as familias deberán presentar a seguinte documentación:

  • Anexo I 
  • A fotocopia do DNI ou outro documento acreditativo da identidade da/o nai/pai, acolledor/a ou representantes legais segundo proceda.
  • A fotocopia do libro de familia, no seu defecto outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
  • A fotocopia do título de familia numerosa, de ser o caso.
  • No caso de nenas/os con discapacidade ou necesidades educativas especiais, os informes do Equipo de Valoración e Orientación das xefaturas territoriais das consellerías competentes na materia ou da Unidade de Atención Temperá segundo proceda.
  • A resolución de acollemento.
  • Nos casos de non estar censado no concello onde estea o PAI, pero algún dos proxenitores ou representante legal da crianza teña o seu posto de traballo no municipio no que estea o PAI, achegarase certificado da empresa, institución ou administración correspondente.
  • No caso de estar censado nun concello limítrofe a aquel onde radica o PAI, o certificado de empadroamento do concello do que procede.
  • A certificación correspondente no caso de que algún membro da unidade familiar estea afectado de discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou enfermidade que requira de internamento periódico ou padeza enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar.
  • A condición de familia monoparental acreditarase coa fotocopia da sentenza de separación, divorcio, nulidade ou medidas paterno-filiais.
  • Outros documentos se procederen, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais susceptibles de puntuación no baremo. O informe dos Servizos Sociais do Concello ou da Administración autonómica nos supostos en que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial en que viva a unidade familiar.
  • A copia da última nómina ou a xustificación da situación laboral no momento da solicitude con especificación da xornada laboral.
  • A certificación expedida polo SEPE acreditativa das prestacións percibidas, de ser o caso ou de estar inscrito como demandante de emprego.
  • No suposto de profesionais liberais e autónomas/os, o certificado expedido pola Administración estatal da Axencia Tributaria que acredite a alta no IAE e o último recibo do pagamento da cota á Seguridade Social ou o certificado da mutualidade profesional.
  •  A copia da declaración do IRPF do exercicio anterior (2017) de todos os membros da unidade familiar, só no caso de non autorizar a consulta directamente polo Concello. Para o suposto de que non se teña presentada, a persoa interesada deberá asinarlle a correspondente autorización ao Concello para obter os datos de carácter tributario necesarios para determinar a renda da unidade familiar. Para ambos os efectos todos os membros con ingresos que compoñen a unidade familiar deberán asinar a dita solicitude .
  • No suposto de percibir pensión, o certificado expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social ou da Administración autonómica pagadora desta.
  • Nos casos de nulidade matrimonial, separación ou divorcio, considérase a renda de quen exerza a garda e a custodia do/a menor e a pensión compensatoria que perciba o cónxuxe que a ostente e de alimentos dos/as fillos/as ao seu cargo. No caso de non as percibiren, acreditarase esta circunstancia coa copia da reclamación xudicial presentada para o efecto.
Attachments:
Download this file (20190720_Anexo_1_PAI_BAÑA.pdf)20190720_Anexo_I_para_cubrir[20190720_Anexo_I_para_cubrir]261 kB
Download this file (20190720_baremo.pdf)20190720_baremo_praza_PAI_Baña[20190720_baremo_praza_PAI_Baña]55 kB
Download this file (20190720_BOPPAI2019.pdf)20190720_BOP_resolucion_alcaldia[20190720_BOP_resolucion_alcaldia]140 kB