O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe, 4 de agosto, a convocatoria de dúas liñas de axudas para persoas mozas anotadas no sistema de garantía xuvenil. As persoas empadroadas no Concello da Baña que cumpran os requisitos poderán optar a estas axudas da Deputación da Coruña.

As dúas convocatorias ás que se pode concorrer son:

  • Axudas PEL RURINNOVA. Xuventude Emprendedora, Programa Operativo de Emprego Xuvenil Fondo Social Europeo.

Estas axudas están destinadas ao fomento do autoemprego e á creación de empresas mediante o traballo autónomo da mocidade no rural da provincia da Coruña. 

As axudas a conceder oscilarán entre un mínimo de 4.050,00 € e un máximo de 8.100,00 €.

O prazo de solicitude iniciarase a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no BOP e finalizará ás 14:00 horas do 31 de agosto de 2020.

Podes consultar o anuncio no BOP do 20/07/2020 neste enlace (preme aquí).
Podes consultar a convocatoria no BOP do 04/08/2020 neste enlace (preme aquí).

  • Axudas PEL RELEVO. Creación de Emprego para a Xuventude. Programa de Emprego Xuvenil, Fondo Social Europeo.

Esta liña de axudas está destinada a empresas e persoas empregadoras legalmente establecidas no rural da provincia da Coruña que realicen contratacións indefinidas de persoas mozas. 

A contía das mesmas oscilará entre un mínimo de 2.700,00 € e un máximo de 28.500,00 €.

O prazo de solicitude iniciarase ao día seguinte da publicación da convocatoria no BOP e finalizará ás 14:00 horas do 31 de agosto de 2020.

Podes consultar o anuncio no BOP do 20/07/2020 neste enlace (preme aquí).
Podes consultar a convocatoria no BOP do 04/08/2020 neste enlace (preme aquí).

Os mozos e mozas da Baña que desexen recibir máis información poden contactar co Departamento de Desenvolvemento Local do Concello ou chamar aos teléfonos: 981 886777,  981 886501 e 682 859367