ImagenDOGConsellería de Economía, Emprego e Industria publica hoxe do Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde pola que se realiza a convocatoria para o ano 2020, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020. 

As persoas interesadas en obter esta cualificación teñen 20 días hábiles de prazo para inscribirse 

neste procedemento, para o que se convocan 1.800 prazas. Poden solicitar máis información no departamento de Desenvolvemento Local do Concello da Baña ou no teléfono 981 886 777 ou no 650 886 501.

As cualificacións profesionais incluídas nesta convocatoria son as seguintes:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 300 prazas.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 250 prazas. 
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas. 
  • Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 200 prazas.
  • Docencia da formación para o emprego (SSC448_3): 100 prazas.
  • Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 150 prazas. 
  • Operacións de vixilancia e extinción incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 150 prazas. 
  • Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2): 75 prazas. 
  • Vixiancia e seguridade privada (SEA029_2): 150 prazas, nas unidades de competencia: – UC0080_2 Vixilar e protexer bens e persoas evitando a comisión de delitos e infraccións. – UC0081_2 Acompañar as persoas para a defensa da súa integridade física. 
  • Instrucción en ioga ( AFD616_3): 150 prazas.
  • Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 75 prazas.

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, participou este venres na apertura do obradoiro de emprego de Santa Comba, compartido coa Baña, Negreira e Val do Dubra que oferta 20 prazas para formar 10 alumnos en Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes e a outros 10 en Instalación de Elementos de Carpintaría. As accións que se levarán a cabo no concello da Baña inclúen o acondicionamento do terreo de Eiroa e a fabricación de revestimentos de madeira para os contedores de residuos.

20191108 Obradoiro melloraOs participantes neste taller de formación e emprego dual poderán combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato en prácticas, de como mínimo tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro.

Concretamente, en conservación e mellora de montes levaranse a cabo limpezas e acondicionamentos en terreos municipais, zonas verdes, áreas recreativas, pistas deportivas, masas comúns, campos de fútbol e camiños en todos os concellos participantes. Pola súa banda, o Concello da Baña gozará do acondicionamento do terreo de Eiroa e o revestimento de madeira de contedores de residuos, entre outras accións.

Ovidio Rodeiro destacou que “o obxectivo é seguir formando os desempregados dos concellos galegos para incrementar as súas posibilidades de atopar un emprego, especialmente nos do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación das empresas da contorna”.

Na súa intervención lembrou que “na comarca de Santiago está prevista a realización dun total de 8 talleres dos cales 5 deles son de carácter ordinario, onde participarán alumnos e alumnas de calquera idade e 3 de garantía xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá en políticas activas de emprego na comarca máis de 2,1 millóns de euros. O obradoiro ‘Mellora2019’ conta cun orzamento de 336.000 euros.

Os obradoiros duais son os de Ordes, compartido con Mesía e Frades; o de Touro, compartido con Boqueixón e Vedra; o de Ames, compartido con Brión; o de Santa Comba, compartido con Negreira, A Baña e Val do Dubra e o de Santiago de Compostela. Pola súa banda, os obradoiros de garantía xuvenil impartiranse en Santiago de Compostela; en Rois compartido con Padrón e Dodro e en Val do Dubra compartido coa Baña, Santa Comba e Negreira.

Estes obradoiros permitirán que un total de 142 persoas desempregadas se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais serán de 9 meses e os de garantía xuvenil de 6 meses.

O alcalde do Concello da Baña, José Antonio Pereira Gil, e o portavoz do Partido Popular, Andrés García Cardeso, estiveron presentes no acto de apertura do obradoiro de emprego.

 

20191016 APRAZADA cartel FB post

O Concello da Baña acaba de aprazar a celebración do Feirón da Re-Volta, previsto para este domingo na carballeira do Seilán dende as 11.00 horas. O equipo de goberno e os técnicos municipais adoptaron esta decisión ante a previsión de choiva para esta fin de semana e a situación na que se atopa a propia carballeira despois das fortes choivas destes días.

Aínda que non chega a estar asolagado, o terreo da carballeira do Seilán e os arredores están moi húmidos polas últimas choivas, e ante a previsión de máis precipitacións para esta fin de semana, o equipo de goberno tomou a decisión de pospoñer para outra data a celebración da Re-volta, que quere recuperar  a tradición das feiras que se celebraban na comarca a mediados do século pasado.

A data na que se celebrará a terceira edición da Re-Volta anunciarase proximamente.

 

 

28 de outubro de 2019

Fanse públicas as listaxes definitivas do alumnado e da equipa docente e directiva do obradoiro de emprego 'Mellora2019' dos concellos da Baña, Val do Dubra, Santa Comba e Negreira.

As listaxes póndense consultar nos documentos adxuntos.

 

23 de outubro de 2019

Fanse públicas as listaxes coas puntuacións totais provisionais do candidatos/as a alumnado e ao equipo docente e dirección do obradoiro de emprego 'Mellora2019' dos concellos da Baña, Val do Dubra, Santa Comba e Negreira.

As cualificacións póndense consultar nos documentos adxuntos.

 

18 de outubro de 2019

Fanse públicas as listaxes das puntuacións da fase de entrevista aos candidatos/as a alumnado da Baña e Val do Dubra do obradoiro de emprego Mellora2019.

As listaxe pódense consultar no arquivo adxunto.

 

17 de outubro de 2019

Fanse públicas as listaxes das puntuacións da fase de entrevista aos candidatos/as a alumnado de Santa Comba e Negreira do obradoiro de emprego Mellora2019.

As listaxes pódense consultar nos arquivos adxuntos.

16 de outubro de 2019

Fanse públicas as listaxes das puntuacións da fase de entrevista das prazas de mestre/a de forestais e mestre/a de carpintería do obradoiro de emprego Mellora2019.

As listaxes pódense consultar nos arquivos adxuntos.

15 de outubro de 2019

Fanse públicas as listaxes das puntuacións da fase de entrevista das prazas de director/a, titor/a e auxiliar administrativo do obradoiro de emprego Mellora2019.

As listaxes pódense consultar nos arquivos adxuntos.

20190322 Obradoiro Xallas Barcala Dubra V Baña facebook

10 de outubro de 2019

Corrección de erros das bases para a selección do alumnado traballador/a e persoal do obradoiro de emprego Mellora2019.

As correccións pódense consultar no documento adxunto.

 7 de outubro de 2019

Fanse públicas as bases do obradoiro de emprego Mellora2019. O prazo de inscrición na Oficina de Emprego remata mañá, 8 de outubro de 2019, ás 14.00 horas

O documento pódese consultar no arquivo adxunto.

 

1 de outubro de 2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia concedeulles unha subvención aos concellos da Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra para poñer en marcha o obradoiro de emprego Mellora2019 co fin de formar  20 persoas durante nove meses.

Os módulos formativos que se van impartir son:

  • Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes de nivel 1
  • Instalación de elementos de carpintería de nivel 2

As persoas beneficiarias son xente maior de dezaoito anos demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, solicitantes de participación en obradoiros de emprego, que carezan de ocupación remunerada e estean dispoñibles para o emprego.

O prazo de inscrición na Oficina de Emprego remata o martes 8 de outubro de 2019 ás 14.00 horas.

A sede do obradoiro estará no Concello de Santa Comba, que actúa como concello promotor.

As bases para seleccionar o alumnado traballador/a e persoal do 'Obradoiro Mellora 2019' pódense consultar no documento adxunto

Máis información na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello da Baña e na Oficina de Emprego de Cee.

20191020 Cartel Revolta FB

A carballeira do Seilán acollerá o domingo 20 de outubro a terceira edición do Feirón e Romaría de Re-Volta, unha celebración coa que se quere recrear o ambiente das antigas romarías dos anos cincuenta do século pasado. Este ano a troula contará cun entorno renovado despois de que o Concello eliminara o antigo palco por petición popular. As actividades, que inclúen música, mercadiño, demostración de oficios, catas e propostas culturais, comezarán ás 11 da mañá, como nas edicións anteriores.

O evento está organizado polo Concello da Baña e conta coa colaboración coa Deputación da Coruña. Desde pola mañá haberá postos de venda e exposición de produtos de época, ademais de mostras de oficios. Durante a xornada haberá diferentes postos de comida típica galega e unha exposición fotográfica con imaxes antigas facilitadas pola veciñanza.

A música comeza xa ás 12 do mediodía, coa actuación da Requinta da Laxeira, agrupación de música tradicional que está a celebrar os seus 15 anos traballando para recuperar a requinta, instrumento característico da zona da Ulla. Pola tarde será o turno do Mago Teto e o seu espectáculo ‘O Afiador’, que a partir das 16.00 horas animará a tarde cos seus trucos. Ás 17.30 horas Os Campantes da Baña continuarán coa música para sacar a todos os veciños e veciñas a bailar ata que o corpo aguante.Carballeira Seilan web