20190923 xuventur 2019A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Turismo de Galicia poñen en marcha unha nova edición do programa “Xuventur”·

Trátase dun programa de actividades de educación non formal para desenvolver en aloxamentos turísticos de Galicia situados no medio rural, en estancias de fin de semana, que sirva tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo. 

“Xuventur” está dirixido á xente nova empadroada en Galicia que teña entre 18 e 35 anos no momento da solicitude e queira gozar dun programa de actividades de educación non formal nos espazos naturais da nosa Comunidade Autónoma. O programa ofrece distintas alternativas de participación gratuíta nos meses de outubro e novembro, cunha oferta total próxima ás 600 prazas, que inclúe:

  • Aloxamento en establecementos rurais (noites de venres e sábado). A asignación de cuartos será de libre disposición, o que supón que haberá que compartir os que sexan de dúas prazas.
  • Manutención completa dende a cea do venres ata o almorzo do domingo.
  • Programa de actividades, equipo técnico responsable, así como o material preciso para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a cabo actividades alternativas).
  • O desprazamento ata os aloxamentos vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade

Para máis información, visita a páxina web da Dirección Xeral de Xuventude.

Attachments:
Download this file (20190923_Programa_Xuventur_2019.pdf)20190923_Programa_Xuventur_2019.pdf[ ]8679 kB

20190923 torneo lolA Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social promove o coñecemento, a formación e o ocio ao redor dos videoxogos a través da organización do primeiro torneo a nivel autonómico do coñecido xogo LOL (League of Legends).

Trátase dun proxecto pioneiro en Galicia que terá lugar nos 12 Espazos Xoves xestionados pola Administración autonómica, co fin de favorecer a participación de mozos e mozas da zona e da contorna próxima.

Neste programa poderán participar mozos e mozas de entre 18 a 30 anos, ambos inclusive, que se organizarán en equipos de 5 persoas, ata un máximo de 32 equipos.

Para máis información, visita a páxina web da Dirección Xeral de Xuventude.

 

20190704 Cartel Campamento VeránO vindeiro luns, 8 de xullo, abre o prazo de inscrición para asistir ao campamento de verán en Cabana de Bergantiños, organizado polo Concello da Baña. Un total de 40 nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos, poderán participar nesta actividade, que se desenvolverá na semana do 29 de xullo ao 4 de agosto no albergue desta localidade da Costa da Morte. As prazas outorgaranse por orde de inscrición e terán preferencia as persoas empadroadas ou pertencentes a unha unidade familiar empadroada no Concello da Baña.

Os interesados en participar deberán inscribirse antes do 17 de xullo no Concello da Baña e aboar o prezo da inscrición, que é de 100 euros polo primeiro fillo, 75€ polo segundo e 50€ polo terceiro e sucesivos. Inclúe transporte, estadía e manutención en albergue, así como os gastos que ocasionen as actividades programadas.

A ficha de inscrición pódese descargar no documento adxunto a esta nova.

 

20190910 VoluntariadoA Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza diferentes cursos nos Espazos Xove e centros dependentes desta dirección xeral de distinta temática relacionada co voluntariado e de formación en igualdade, ademais de convocar unhas xornadas de coaching profesional ao abeiro do proxecto Lidera. Estas actividades están dirixidas á mocidade galega e portuguesa de entre 18 e 30 anos. As inscricións deberán facerse a través da páxina web xuventude.xunta.es.

Os cursos de temática relacionada co voluntariado organizados pola Dirección Xeral de Xuventude divídense en tres liñas básicas de actuación: cursos de formación básica en materia de voluntariado, cursos de especialización en materia de voluntariado e formación específica en materia de voluntariado. Estas actividades contan con edicións en Santiago, Carballo, Noia, Tui, Ourense, Muíños, Viveiro, Lalín, Pontedeume, Ferrol, Vigo, Lugo, Vilalba, A Coruña, Pontevedra, Vilagarcía, Chantada e Betanzos.

No caso do curso de Formación en igualdade para a prevención e o afrontamento da violencia de xénero, os contidos dividiranse en catro módulos centrados na figura da persoa voluntaria no contexto da violencia de xénero, nos conceptos básicos en igualdade de xénero, nas orixes da violencia de xénero e nos recursos existentes, a prevención e afrontamento da violencia de xénero e as boas prácticas. As 10 edicións deste curso desenvolveranse en Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Lugo, Vilalba, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vilagarcía e Betanzos.

Ademáis, a Dirección Xeral de Xuventude convoca unhas sesións de coaching, con edicións en Noia, Tui, Viveiro, Vilalba, Curtis, Betanzos, Ourense, Carballo, Vilagarcía, Lalín, Chantada, Pontedeume, para desenvolver nos espazos emprende incluídos no proxecto Lidera, co obxectivo de apoiar a xuventude no seu itinerario persoal e profesional coa formación en habilidades transversais que melloren as súas oportunidades de emprego e emprendemento.

As persoas destinatarias de todas estas actividades formativas son os mozos e mozas galegos/as e portugueses/as con idades comprendidas entre 18 e 30 anos. As inscricións faranse a través da páxina web xuventude.xunta.es seguindo os criterios correspondentes para cada curso.

Para máis información, preme nas seguintes ligazóns.

20190430 Carteles Veran VelaOs rapaces/zas do Concello da Baña poderán inscribirse nos campamentos e cursos de vela que oferta a Deputación da Coruña para o verán 2019. A continuación, achégase a información básica de cada convocatoria:

Por unha banda, os campamentos deportivos realizaranse en multitude de concellos de toda a provincia, entre os días 30 de xuño e 26 de xullo (en 4 quendas de 5 días). Esta actividade está dirixida a rapaces/zas de 9 a 14 anos de idade, cumpridos durante o ano 2019, empadroados nun concello da provincia da Coruña. As inscricións faranse no concello no que o/a rapaz/a estéa empadroado antes do 31 de maio de 2019. Para máis información, visita a páxina web da Deputación

Por oyutra banda, os cursos semanais (repartidos en 6 quendas) de vela realizaranse en Boiro, Outes, Fisterra, Malpica de Bergantiños, A Coruña e Ortigueira, entre o 1 de xullo e o 9 de agosto. Esta actividade está dirixida a rapaces/zas de 9 a 18 anos de idade, cumpridos durante o ano 2019, empadroados nun concello da provincia da Coruña (os/as nenos/as empadroados/as nos concellos onde se fai a campaña de vela terán prioridade). As inscricións faranse nos concellos participantes, no prazo estipulado por cada un. É imprescindible que saiban nadar. Para máis información, visita a páxina web da Deputación.