20200420 Muiño TutorialO 23 de abril celebramos o Día do Libro. Este ano, como ben sabedes, é un ano especial por todo o que estamos vivindo. A celebración do Día do Libro será distinta a outros anos, non asistiremos a contacontos, non nos regalaremos libros, non faremos grupos de lectura...

Queremos propoñervos que fagades un muíño de vento, recordando o protagonista do noso libro más universal. O Quixote loitaba contra muíños de vento que el consideraba xigantes. Nós temos tamén un xigante contra o que loitar, pero a diferenza do Quixote imos vencer. O noso muíño vai ser símbolo de loita, de enerxía, de esperanza e de unión. 

Propoñemos que vós, a veciñanza da Baña, fagades os vosos muíños de vento, que os poñades nas fiestras e nos mandedes fotos nas que aparezades con eles. Tamén podedes mandar as fotos dos muíños simplemente, como cada quen queira. As fotos recibidas publicaranse na páxina web do Concello da Baña.

Animádevos a participar.

As fotos realizadas podedes mandalas ao seguinte correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

COMO FACER UN MUÍÑO DE VENTO

  • Necesitamos tesoiras, cartolina (se non temos, un folio), unha palliña e un alfinete ou chatola.
  • Cortamos un cadrado na cartolina de 10cm x 10cm
  • Dobramos polas dúas diagonais
  • Recortamos polas marcas que se fixeron ao dobrar as diagonais sen chegar do todo ao centro, deixando unha distancia de 1cm ao centro sen recortar.
  • Unimos a primeira punta de cada triángulo co centro e atravesamos co alfinete ou chatola furando tamén a palliña por atrás.

 

Actualización. Enlace ao álbum de fotos #MuíñosDeEsperanza na Baña polo #DíaDoLibro:
https://www.facebook.com/pg/ConcellodaBana/photos/?tab=album&album_id=3471620256187801

Attachments:
Download this file (Como facer un muíño de vento en imaxes.pdf)Como facer un muíño de vento en imaxes[Como facer un muíño de vento en imaxes]135 kB
Download this file (Como facer un muíño de vento.pdf)Pasos a seguir para facer un muíño de vento[Pasos a seguir para facer un muíño de vento]96 kB