Reproducimos a continuación, a declaración institucional aprobada pola Corporación da Baña, que foi lida no pleno ordinario do 28 de abril de 2021:

 

Declaración a prol do Concello da Baña libre de parques eólicos

 

Os grupos políticos que conformamos a Corporación do Concello da Baña,

Manifestamos::

Que estamos seriamente preocupados pola posible implantación de varios parques eólicos no noso concello, o máis eminente é o denominado Parque eólico de Troitomil.

Que a construción deste parque eólico non beneficiará a veciñanza da Baña, que suporá un grande impacto medioambiental para toda a contorna, poñerá en perigo espazos naturais, os mananciais dos cales nos servimos moitos de nós, as terras de labradío e as destinadas á reforestación, sen esquecer as molestias acústicas debido á proximidade das torres eólicas ás nosas vivendas (500 metros).

Que, dende o punto de vista económico, a veciñanza non se beneficia dunha maneira axeitada da perda das súas terras, o que fai que o noso concello, un concello rural, experimente un novo retroceso na súa economía coas consecuencias que isto implica.

Que estamos fartos de que as poboacións rurais soportemos os enormes custos ambientais da produción de enerxía eólica, con proxectos fraccionados de forma fraudulenta, xa que comparten infraestruturas entre si, pero que se presentan como pequenos proxectos, evitando así un maior control das administracións.

Que, por todo isto, dende esta institución, estamos e estaremos a carón da nosa veciñanza, apoiando as súas reivindicacións e iniciativas para tratar entre todos e todas de frear a instalación dos parques eólicos no noso concello.

A Baña, 28 de abril de 2021

20210428 Manifesto Baña Libre Parques Eolicos

  • Representantes das asociacións de veciños de Cabanas, San Mamede do Monte e Fiopáns acompañaron a José Antonio Pereira

  • Reuníronse hoxe co xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Isidoro Martínez

 

20210415 Alcalde Baña e veciños reunion delegacion Industria parque eolico Troitomil home

O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, e representantes das asociacións de veciños de Cabanas, San Mamede do Monte e Fiopáns reuníronse hoxe na Coruña co xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para manifestarlle o rexeitamento ao parque eólico de Troitomil. Na reunión manifestáronlle a Isidoro Martínez a oposición tanto do concello como da veciñanza a este proxecto, manifestando que hai máis de 900 alegacións presentadas.

O alcalde comunicoulle ao xefe territorial o acordo plenario, adoptado por unanimidade, de rexeitamento a este parque eólico, apoiando as alegacións que presentaron os veciños, e adiantoulle que este mes a Corporación aprobará un manifesto institucional no mesmo sendo.

José Antonio Pereira insistiu en que as torres están moi preto das casas, debido a dispersión da poboación na Baña e a que é un municipio pequeno, polo que consideran que este proxecto non é axeitado para instalar no municipio.

O alcalde e as asociacións de veciños continuarán mantendo reunións para trasladar o rexeitamento da poboación a este parque eólico diante das diferentes administracións implicadas.

  • A documentación pódese consultar nos concellos da Baña e Negreira ou no portal web das consellerías de Economía e de Medio Ambiente

  • Facilitamos os enlaces co acceso a esta documentación

20201130 recurso pe troitomil

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de anunciar hoxe que comeza a exposición pública da documentación do parque eólico de Troitomil, que a empresa Green Capital Power vai facer nos concellos da Baña e de Negreira.

O prazo para presentar alegacións é de 30 días a partir de mañá. A documentación estará exposta a disposición dos interesados nos concellos da Baña e de Negreira, así como nas dependencias da sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, ubicada na rúa Vicente Ferrer, número 2, 2º andar da cidade da Coruña (aténdese de 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 18 49 23).

O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda .

A documentación relativa a este parque eólico, que foi remitida pola Xunta de Galicia ao Concello da Baña, pódese consultar nos seguintes enlaces:

Documentación do parque eólico de Troitomil no portal web da Consellería e Economía

Acordo do 15/02/2021 de Información Pública (DOG):

Documentación Técnica do Proxecto:

Proxecto Execución (xaneiro 2021-vsdo.29/01/21):

Plano Xeral das instalacións:

Estudo de Impacto Ambiental (EIA) (abril 2020-asdo.26/05/20):

Proxecto Sectorial de incidencia supramunicipal (maio 2020-vsdo.26/05/20):

  • Os tres grupos municipais e o BNG apoian o rexeitamento ao proxecto e presentarán as súas propias alegacións en nome do Concello

  • Lerán un manifesto veciñal este mércores no pleno

  • A recollida de sinaturas continuará ata o luns 5 de abril

20210329 Alegacions parque eolico web

 

20210329 Alegacions parque eolico 2 webRepresentantes das asociacións veciñais de Fiopáns, Cabanas, Lañas e San Mamede do Monte citáronse hoxe ás once da mañá ás portas do Concello da Baña para entregar máis de 600 alegacións asinadas pola veciñanza en contra da instalación do parque eólico de Troitomil, que a empresa Green Capital Power quere facer entre os concellos da Baña e Negreira.

“Para empezar, non estamos de acordo co lugar de ubicación. Pero, ademais, rexeitamos todas as afeccións que pode ter para os veciños e a contorna, como os desvíos na canalización de auga, os ruídos ou interferencias nos sinais de telefonía e televisión”, sinalou Javier Alijo, presidente da asociación de San Mamede do Monte.

Os tres grupos políticos con representación na Corporación municipal (PSdeG, PP e CxG) apoiaron a entrega de alegacións desta mañá e anunciaron que redactarán tamén as súas propias en nome do Concello da Baña. Súmase ao rexeitamento do parque tamén o BNG. 

O alcalde bañense, José Antonio Pereira, subliñou a “oposición total” de todas as forzas políticas ao proxecto dos muíños de vento. “Tanto os veciños como a Corporación estamos totalmente en contra destes megaproxectos. Porque agora mesmo falamos dun, pero logo haberá unha segunda fase e unha terceira e o Concello da Baña non ten capacidade para albergar este tipo de parques eólicos”.

O rexedor mesmo deixou sobre a mesa a posibilidade de que se produzan novas accións de rexeitamento no futuro. “Estaremos sempre a carón dos veciños para intentar que non saían adiante iniciativas coma esta, que non aportan nada do que necesita o Concello da Baña”, recalcou.

As asociacións veciñais seguirán recollendo sinaturas ata o vindeiro luns, 5 de abril, xa que o prazo para presentar alegacións remata o mércores 7 de abril.

A empresa Capital Energy remitiulle o venres pola tarde ao Concello da Baña os planos de proxecto definitivo do parque eólico de Troitomil. A empresa comunica que nos próximos quince días a Dirección Xeral de Industria llos remitirá á xefatura correspondente para a súa exposición pública, que terá lugar previsiblemente no mes de xaneiro.

Estes planos poden consultarse no arquivo adxunto.  

Attachments:
Download this file (20201130_PE Troitomil_Planos_ProyectoSectorial[7824].pdf)planos_pe_troitomil[ ]19299 kB