A Baña súmase á campaña de reciclaxe "Separar con xeito, para reciclar a feito", que promoven ECOEMBES e a Consellería de Medio Ambiente, e coa que asistirán á feira da Baña o vindeiro luns 4 de xuño de 2018 cunha carpa informativa de 3x3m, atendida por monitores ambientais que infomarán sobre a adecuada reciclaxe de residuos de envases, ao mesmo tempo que proporcionarán merchandising para a cidadanía.

Attachments:
Download this file (Separar-con-Xeito-A-Bana.pdf)Separar con Xeito A Baña.pdf[ ]3791 kB

A Baña, 24 de febreiro

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernéndez, aclarou esta mañá que a Consellería que dirixe está a investir máis de 8 millóns de euros  no acondicionamento da estrada Negreira-Ponte Failde (AC-444). Esta estrada ten unha lonxitude de case 8 quilómetros.

Estes traballos beneficiarán  un total de 21.678 habitantes dos concellos da Baña, Negreira e Santa Comba e mellorarán a seguridade dos/as usuarios/as nestas vías.

A Baña (A Coruña), 24 de febreiro de 2010. O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez Casado, asinou hoxe cos alcaldes de 14 concellos da provincia da Coruña os convenios sobre Proxectos estratéxicos de infraestruturas no medio rural (PEIM Rural) 2009-2010, por un importe total de máis dun millón de euros. Os municipios asinantes neste acto -que tivo lugar na Casa da Cultura da Baña- foron os da Baña, Carballo, Cerceda, Coristanco, A Laracha, Mesía, Ordes, Oroso, Outes, Santa Comba, Tordoia, Trazo, Touro e Val do Dubra.

O obxectivo fundamental destes convenios é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas áreas rurais de Galicia. O importe total dos catorce convenios asinados hoxe ascende a 1.286.148,19 euros procedentes de fondos estatais do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino (MMARM), que son xestionados pola Comunidade Autónoma. Nos PEIM Rural 2009-2010 colaboran este Ministerio e a Consellería do Medio Rural co fin de levar a cabo actuacións de desenvolvemento rural e establecer un marco xeral de cooperación en materia de infraestruturas.