A Axencia Galega de Emerxencias insta a acondicionar as instalacións de desaugue ante as desfavorables previsións meteorolóxicas para a vindeira Ponte do Pilar no referente a precipitacións na nosa comunidade. O 112 Galicia fai fincapé "na necesidade de tomar as medidas oportunas para que o estado de instalacións de desaugue e evacuación de auga estean nas mellores condicións posibles antes da chegada da fronte". "Sería convinte revisar e acondicionar taxeas, cunetas, rexistros, captacións, sumidoiros, etc.", engade a Axega nun comunicado, no que especifica que a importancia deste tipo de de mantemento é maior agora por varios motivos:
- Ser a primeira borrasca "seria" que entra despois de semanas con poucas precipitacións.
- Posibilidade de que no escenario previsto poida aparecer a evolución do ciclón tropical Leslie situado nestes intres no Atlántico.
- Coincidencia de todo o anterior cunha ponte vacacional.