Publicáronse as convocatorias de axudas da Deputación Provincial 2018 de actividades e investimentos culturais, para as entidades sen ánimo de lucro que forman parte dos ámbitos correspondentes ás seguintes modalidades:

MODALIDADE A. Entidades de natureza cultural (asociacións culturais e entidades que teñan o seu carácter cultural debidamente acreditado nos seus estatutos).

MODALIDADE B. Entidades de natureza veciñal (asociacións de veciñas e veciños, asociacións xuvenís, de amas de casa, da terceira idade, asociacións de mulleres rurais…).

MODALIDADE C. Entidades de natureza socioeducativa (ANPAS de centros educativos do ensino público, asociacións pedagóxicas, etc.).

MODALIDADE D. Entidades de natureza social e/ou asistencial (entidades que realizan o seu labor de xeito prioritario no campo dos servizos sociais, o medio ambiente, a igualdade, a memoria histórica, a sensibilización e traballo en valores cívicos e o desenvolvemento territorial e socioeconómico).

A tramitación será  telemática  a través da plataforma SUBTEL da Deputación Provincial da Coruña, https://www.dicoruna.es/dicoruna-subtel/solicitudes,  para todas as fases do procedemento: solicitude, concesión e xustificación, incluíndo en cada unha delas, as notificacións, requirimentos de información e documentación e envíos de documentación. Serán imprescindibles dous requisitos para esta tramitación:

1.- Certificado dixital ou DNI electrónico. Deberán dispor deles:

- a persoa que ocupe a Presidencia da entidade

- a persoa que ocupe a Secretaría da entidade

- a persoa que represente á entidade ante a Deputación (se é distinta das dúas anteriores).

2.- Correo electrónico. A entidade deberá dispor dun enderezo de correo electrónico que non poderá variar ao longo de toda a tramitación do expediente, xa que as comunicacións dirixiranse a ese enderezo.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 27 de abril de 2018 ás 14.00 horas.

Máis información en https://www.dicoruna.es/dicoruna-subtel/infoconvocatorias ou na Concellaría de Cultura do Concello da Baña, concertando unha cita no teléfono 981 886 501.