2-9-2026
Publícase a corrección de erro no nomeamento do tribunal da bolsa de persoal de dirección destinado á Escola Infantil Municipal do Concello da Baña. Pode consultarse na sede electrónica do Concello da Baña, nesta ligazón, e no documento adxunto a esta nova.
1-9-2026
O Concello da Baña vén de aprobar a listaxe definitiva de persoas aspirantes, o nomeamento de tribunal e a data de exame, do expediente de convocatoria e proceso de selección por concurso-oposición dunha bolsa de persoal de dirección destinado á Escola Infantil Municipal do Concello da Baña, en réxime de persoal laboral temporal.
A fase de oposición realizarase o vindeiro xoves 10 de setembro de 2026 a partir das 10.00 horas no Pavillón Municipal de deportes San Vicenzo da Baña.
A listaxe definitiva completa pode consultarse na sede electrónica do Concello da Baña, nesta ligazón, e no documento adxunto a esta nova.
14-8-2026
O Concello da Baña vén de aprobar a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego de director ou directora da Escola Infantil Municipal, en réxime de persoal laboral temporal.
A convocatoria, publicada o pasado 3 de agosto no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, ten como obxectivo garantir a adecuada prestación do servizo e facilitar a posta en funcionamento da Escola Infantil Municipal no próximo curso escolar.
As persoas excluídas dispoñen de dez días hábiles para corrixir os defectos que procedan ou formular reclamacións contra a lista provisional.
A lista provisional completa pode consultarse na sede electrónica do Concello da Baña, nesta ligazón, e no documento adxunto a esta nova.
3-8-2026
O Concello da Baña publicará nos próximos días no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de director/a da Escola Infantil Municipal, en réxime de persoal laboral temporal.
A convocatoria ten como finalidade garantir a adecuada prestación do servizo e posibilitar a posta en funcionamento da Escola Infantil Municipal no próximo curso escolar.
Co obxectivo de facilitar a preparación da documentación e do temario ás persoas interesadas en participar no proceso selectivo, o Concello adianta as bases e a convocatoria a través da sede electrónica municipal.
O sistema de selección será o de concurso-oposición e o prazo para presentar as solicitudes será de sete días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP da Coruña.
As persoas interesadas poden consultar toda a información na sede electrónica do Concello da Baña, nesta ligazón, e no arquivo adxunto a esta nova.