Concede unha subvención de 9.741,60 euros para o curso 2024-25 para fomentar a inclusión educativa

A achega está cofinanciada parcialmente co Fondo Social Europeo Plus

20240903 Subvencion reforzo educativo Pedagoxico Pagina 1

 

O Concello da Baña, en colaboración co CPI San Vicente, vai poñer en marcha este curso 2024-25 no colexio un Servizo de reforzo educativo e psicopedagóxico para o alumnado coa finalidade fomentar a inclusión social. Este programa está financiado pola Consellería de Educación cunha achega de 9.741,60 euros, que se distribuirán en 3.690 euros para este ano 2024 e 6.051,60 para o exercicio 2025. A achega está cofinanciada parcialmente co Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027

O Servizo educativo e psicopedagóxico para menores ten por obxectivo específico fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos.

O Concello da Baña e o CPI San Vicente colaboran para a posta en marcha desta iniciativa que busca como resultado reforzar a importancia da educación e mellorar o desempeño académico dos menores de xeito personalizado.