• O Diario Oficial de Galicia publica este luns a listaxe de persoas e bens afectados

  • O prazo para presentar alegacións é de 30 días a partir do martes 4 de outubro

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe, luns 3 de outubro, o acordo da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Vicepresidencia polo que se somete a exposición a solicitude de declaración de utilidade pública, coa conseguinte necesidade urxente de ocupación e expropiación forzosa, do proxecto LAT 132kv set parque eólico Troitomil-LAT 132kv SET parque eólico Banzas/SET colectora Lousame, que a empresa Green Capital Power ten previsto desenvolver nos concellos da Baña e de Negreira. O Concello da Baña anuncia que, logo de estudar o proxecto, informará a veciñanza nos próximos días e ofrecerá modelos para presentar alegacións.

O DOG publica a listaxe de persoas e bens afectados e informa que o prazo para presentar alegacións é de 30 días a contar desde este mércores martes 4 de outubro. O proxecto, que conta cun orzamento de 1.982.000 euros, ten un prazo de execución de seis meses

Toda a documentación e os planos do proxecto pódense consultar na seguinte ligazón: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion?content=expediente_0230.html. De xeito físico, as persoas interesadas poderán informarse tamén nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer 2 da Coruña), de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres, así como nas casas do concello da Baña e de Negreira.