A veciñanza da Baña pode consultar xa na Casa Consistorial a documentación correspondente ao proxecto de evacuación conxunta dos parques eólicos Barrosino e Vilartoxo, que a empresa Capital Green Power ten previsto instalar no municipio. O proxecto pódese consultar tamén no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación e no seguinte enlace: https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion?content=expediente_0074.html.
A documentación permanecerá en exposición pública durante un prazo de 30 días para que as persoas interesadas poidan presentar alegacións. Recompila a solicitude de autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto de evacuación dos parques.
Unha vez máis, o Concello anima as persoas afectadas a facer as reclamacións que considere oportunas e ponse á súa disposición para analizar os diferentes informes.