Catro persoas da Baña poderán participar como alumnado traballador no obradoiro Xuventude 23 promovido polo Concello de Val do Dubra en convenio co bañense, o de Negreira e o de Santa Comba. Impartiranse dúas especialidades: Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, que contará con oito alumnas/os, Dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil, no que se integrarán outros oito alumnas/os.

No obradoiro, que comezará en outubro e se desenvolverá ao longo de doce meses, poderán participar persoas novas desempregadas de entre 18 e 30 anos. Deberán estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia e ter solicitado algún dos seguintes servizos: Escolas taller programas (320), Casa de Oficio (330), Taller de emprego (340), Outros programas de emprego e formación dual (370). Ademais, como novidade, a convocatoria ábrese ás persoas demandantes de emprego que estean en situación administrativa de suspensión (699). As solicitudes tramitaranse a través da Oficina de emprego de Santiago Norte.

O obradoiro Xuvenil 2023 lanza así mesmo unha oferta de emprego destinada a cubrir as prazas de director/a, mestre/a da especialidade de Dinamización de actividades de tempo libre educativo, infantil e xuvenil, mestre/a da especialidade de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, mestre/a de apoio para a especialidade de Atención sociosanitaria (media xornada) e titor/a (media xornada).

As bases da convocatoria poden consultarse premendo nesta ligazón ou no documento adxunto.

Attachments:
Download this file (BASES OBRADOIRO XUVENTUDE 2023.pdf)BASES OBRADOIRO XUVENTUDE 2023.pdf[ ]697 kB