20220428 Deputacion Escola Musica Banha

 

O Concello da Baña vai recibir unha subvención de 10.000 euros da Deputación de Coruña para o mantemento da Escola Municipal de Música durante o presente exercicio 2022.

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicaba onte a resolución definitiva pola cal se concede este importe ao Concello bañense ao aveiro da convocatoria do programa de subvención a concellos e entidades locais para o mantemento de conservatorios, escolas de música e escola de danza municipais durante o ano 2022.

O alcalde da Baña, Andrés García Cardeso, agradeceu esta achega que “nos permitirá continuar coa nosa aposta para reforzar a Escola Municipal de Música da Baña, que neste curso conta cunha vintena de alumnos e alumnas, e poder incrementar a asistencia para o curso que comezará no mes de setembro”.