O DOG núm. 159, do 21 de agosto, na páx. 34319, publica a Resolución do 17 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Nestes cursos poden participar as persoas maiores de dezaseis anos ou que os cumpran no ano natural da convocatoria. Para isto, deben presentar unha única solicitude por persoa preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou en soporte papel a través de rexistro. Teñen de prazo 15 días hábiles que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da dita resolución no DOG.

A resolución provisional coas persoas admitidas, excluídas e en agarda publicarase, unha vez rematado o prazo, na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://www.xunta.es/linguagalega .

A oferta formativa para a provincia da Coruña queda recollida no seguinte cadro:

Provincia da Coruña

Localidade

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Carballo

   

Lugar: IES Isidro Parga Pondal

Horario: 20:00 a 22:00

Días: de luns a venres

Cee

   

Lugar: IES Fernando Blanco
Horario: 20:00 a 22:00
Días: de luns a venres

Coruña, A

 

Lugar: IES Eusebio da Guarda

Horario: 20:00 a 22:00

Días: de luns a venres

Lugar: IES Fernando Wirtz Suárez

Horario: 20:00 a 22:00

Días: de luns a venres

Muros

Lugar: IES Plurilingüe Fontexería

Horario: 20:00 a 22:00

Días: de luns a venres

   

Ordes

   

Lugar: IES n.º 1

Horario: 20:00 a 22:00

Días: de luns a venres

Ortigueira

 

Lugar: IES de Ortigueira

Horario: 20:00 a 22:00

Días: de luns a venres

 

Padrón

 

Lugar: IES Camilo José Cela

Horario: 20:00 a 22:00

Días: de luns a venres

 

Ponteceso

 

Lugar: IES de Ponteceso

Horario: 20:00 a 22:00

Días: de luns a venres

 

Pontes de García Rodríguez, As

   

Lugar: IES Castro da Uz

Horario: 20:00 a 22:00

Días: de luns a venres