TERMOS E CONDICIÓNS PARA PARTICIPANTES EN “I RUTA BTT FILLOA DA PEDRA”

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que, mediante o enchemento do presente formulario, os seus datos persoais quedarán incorporados e serán tratados nun ficheiro automatizado titularidade do Concello da Baña, baixo a xestión do alcalde José Andrés García Cardeso, coa finalidade de poder xestionar a súa solicitude de inscrición na carreira. 

O Concello da Baña comprométese a tratar de forma confidencial os datos de carácter persoal facilitados e a non comunicar ou ceder dita información a terceiros. 

Vostede poderá de forma libre e voluntaria facilitar a información que se lle pide nos formulario salvo nos campos que aparecen como obrigatorios. A non introdución da información solicitada como obrigatoria poderá ter como consecuencia que non poida atenderse a súa solicitude.

Á súa vez, e en virtude do establecido na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio electrónico O Concello da Baña informa que poderá utilizar as direccións de correo electrónico facilitadas, para remitirche información acerca de información relacionada coa carreira na que se inscribiu.

Así mesmo, informámoslle da posibilidade que ten de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos de carácter persoal de forma presencial no Concello da Baña , acompañando copia de DNI, ou ben mediante correo postal dirixido a: Concello da Baña, Praza do Concello, S/n, 15863 A Baña (A Coruña)

DEREITOS DE IMAXE 

O participante autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde relación co evento no que se inscribe. Coa firma de inscrición o participante admite que o organizador, poida facer uso da imaxe de todos os participantes en calquera formato xa sexa gráfico ou dixital e en todas as súas formas (radio, prensa, vídeo, foto, DVD, internet, carteis, medios de comunicación, etc.) e cede todos os dereitos relativos á súa explotación comercial e publicitaria que consideren oportuno executar, sen dereito pola súa banda a recibir compensación económica algunha.