imprimir
Categoría: Servizos sociais INICIO
Visitas: 1535

PAI Baña web ALI0863

Martes, 29 de xuño

Faise pública a listaxe definitiva de crianzas admitidas e chamadas a facer a matrícula no Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña para o curso 2021-22. Na listaxe figuran as crianzas que están en lista de agarda e as que non foron admitidas.

A listaxe pódese consultar no documento adxunto. O código numérico é o número de rexistro de entrada da solicitudes

O prazo para formalizar a matrícula comeza o 30 de xuño e remata o 14 de xullo e debe tramitarse no departamento de cultura.

Para formalizar a matrícula, as familias deben presentar a seguinte documentación:

Deben entregar tamén cubertos os documetos adxuntos:

Todos estes documentos poden descargarse nos arquivos adxuntos que figuran con data 20210629 e o nome do documento.

Bono Concilia

As familias que quedaron en lista de agarda ou non foron admitidas no PAI da Baña poden solicitar o Bono Concilia da Xunta de Galicia. Trátase dun programa que concede axudas directas ás familias para pagar unha praza nunha escola infantil privada da súa elección para o primeiro fillo ou filla cando non obteñan praza nun centro público ou sostido con fondos públicos. Para as segundas e sucesivas crianzas a atención educativa e a matrícula xa son gratuítas.

As familias que non obtiveron praza no PAI da Baña poden solicitar o Bono Concilia cubrindo o anexo III que se adxunta e presentalo no departamento de Cultura para a súa tramitación. Ademais, estas familias deberán comunicar o seu interese en solicitar o Bono Concilia enviando un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

Xoves, 17 de xuño

Faise pública a listaxe provisional das solicitudes de novo ingreso de carácter preferente e de carácter ordinario no Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña para o curso 2021-22

A listaxe pódese consultar no documento adxunto. O código numerico é o número de rexistro de entrada da solicitude.

O prazo de alegacións é do 18 ao 27 de xuño de 2021.

 

Venres, 28 de maio

Faise pública a listaxe de solicitudes presentadas e requerimento de emenda no procedemento de reserva e novo ingreso no Punto de Antención á Infancia (PAI) do Concello da Baña para o curso 2021-22.

O código numero é o número de rexistro de entrada da solicitude. Vai ser o que se utilice para identificar as solicitudes durante todo o procedemento.

O prazo de subsanación de documentación e de reclamacións vai do 3 ao 16 de xuño.

A listaxe pode consultarse no documento adxunto.

 

 

Luns 10 de maio 

Unha vez finalizado o prazo de renovación de prazas para os nenos e nenas que xa estaban matriculados no PAI da Baña, ábrese agora o prazo de solicitude para novas incorporacións. En total, quedan 8 prazas de novo ingreso e outra máis de emerxencia social. O prazo para presentar as solicitudes vai do mércores 12 de maio ata o mércores 26. 

As solicitudes e a documentacion complementaria presentaranse no despacho da educadora familiar entre as 9:30 e as 14:00 horas. É preciso concertar cita no número de teléfono 981 817 605.

Podes consultar as prazas existentes e os formularios de solicitude nos documentos adxuntos.  

 

Martes 27 de abril

O Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña inicia o próximo luns, 3 de maio, o período de reserva de praza para o vindeiro curso escolar 2021-22, cun proceso diferenciado para aquelas familias que xa teñen menores escolarizados no centro e as que desexen incorporarse por primeira vez. Poden solicitar unha praza no centro os nenos e nenas dende os 3 meses e 3 anos.  O procedemento de reserva de praza e matrícula saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o luns 26 de abril.

As datas polas que se rexerá o procedemento de matricula para o vindeiro curso son as seguintes:

As familias que teñen crianzas no PAI deberán presentar no despacho da educadora familiar o modelo de solicitude de reserva, o libro de vacinas actualizado a calquera outra documentación que mudase con respecto ao curso anterior. Para poder reservar praza deberán estar ao corrente de pagamento das tarifas mensuais.

Para as familias de novo ingreso, terán carácter preferente na solicitude de praza os nenos e nenas empadroados no Concello da Baña, os fillos e fillas do persoal que presta servizo no PAI, aqueles que menores que xa teñan un irmán ou irmá escolarizado no presente curso e os casos de emerxencia social. Todas estas situacións deberán xustificarse conforme figura no BOP.

Os criterios de baremación para as solicitudes de novo ingreso de carácter ordinario figura no Boletín Oficial da Provincia e pódese consultar tamén no documento adxunto.