imprimir
Categoría: Deportes
Visitas: 643
Ao redor de 700 escolares das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete participaron o pasado venres 24 de novembro na Baña no campionato zonal de campo a través. 
A competición, organizada polo Concello da Baña, a Agrupación Deportiva Escolarix e a Secretaría Xeral para o Deporte, reuniu diferentes centros educativos, clubes e asociacións da contorna. Entre eles, contábanse CPI San Vicente, da Baña; CEIP Xacinto Amigo Lera, de Portomouro; CEIP Barrié de la Maza, de Santa Comba; CPI de Bembibre, de Val do Dubra; CEIP Víctor Saenz, de Mazaricos; CPI de Zas; IES Terra do Xallas, de Santa Comba; Concello de Negreira e Xuventude Dubresa.
O CPI San Vicente da Baña sumou, como equipo, un segundo posto en alevín feminino e un terceiro en cadete feminino, cadete masculino e benxamín masculino.
O alcalde da Baña, José Antonio Pereira; a tenente alcalde, Mónica González; e a concelleira de Deportes, Ana Pensado, asistiron á proba e colaboraron na entrega de medallas.
As clasificacións das distintas categorías pódense consultar nos arquivos adxuntos.