-
A iniciativa, promovida polo Concello de Negreira, desenvolverase en colaboración coa Baña, Val do Dubra e Santa Comba
-
O programa formará 20 persoas en albanelería e limpeza durante nove meses

17 de setembro de 2026
Publícanse as bases reguladoras do proceso de selección do persoal e alumnado traballador do Obradoiro Dual de Emprego Valora 2026, subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración cofinanciado pola Unión Europea e promovido polo Concello de Negreira, xunto cos concellos da Baña, Santa Comba e Val do Dubra.
As bases poden consultarse no documento adxunto ou nesta ligazón.
Segundo recollen estas bases, as actuacións a realizar no Concello da Baña son:
- Limpeza das beirarrúas e mobiliario urbano
- Acondicionamento do lavadoiro e fonte pública de Quintáns
- Acondicionamento do lavadoiro e fonte pública de Vesía
- Acondicionamento do lavadoiro público de San Salvador
- Acondicionamento do lavadoiro público de Liñares
- Acondicionamento da fonte pública de Liñares
- Acondicionamento do lavadoiro e fonte pública de Couto Carballo
- Acondicionamento da fonte pública de Busto
- Acondicionamento do lavadoiro público de Paraxó
- Acondicionamento da fonte pública de Guimaráns
- Acondicionamento do lavadoiro e fonte pública de Cabanas
- Acondicionamento da fonte pública de Francos
- Acondicionamento do lavadoiro e fonte pública de Vilasuco
16 de setembro de 2026
O Concello da Baña colaborará cos concellos de Negreira, Val do Dubra e Santa Comba no desenvolvemento do obradoiro dual de emprego Valora 2026. O Concello de Negreira, como entidade promotora, recibiu unha subvención de 454.552 euros da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para poñer en marcha esta iniciativa de formación e emprego.
O obradoiro contará con 20 prazas de alumnado traballador, distribuídas entre as seguintes especialidades:
- Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas (EOCB0208): 12 prazas.
- Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais (SEAG0209): 8 prazas.
O programa terá unha duración de nove meses e contará cun equipo formado por unha persoa responsable da dirección, dúas persoas docentes das especialidades e unha persoa titora de apoio.
Inscrición aberta ata o 23 de setembro
As persoas interesadas poden inscribirse na Oficina de Emprego Santiago Norte ata o mércores 23 de setembro, ás 14.00 horas, ou a través da oficina virtual do Servizo Público de Emprego de Galicia.
Está previsto que o obradoiro comece o 15 de outubro de 2026.
Para obter máis información, pódese contactar co departamento de emprego do Concello da Baña ou cos concellos colaboradores de Val do Dubra e Santa Comba e coa entidade promotora, o Concello de Negreira.