Imprimir
Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
Visto: 548

21-9-2026

O Concello da Baña aprobou unha segunda addenda ás bases do proceso selectivo para contratar temporalmente unha persoa como peón ou peoa forestal, ao abeiro do programa destinado a persoas mozas inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil.

Esta nova addenda modifica o relativo ao prazo de presentación da documentación acreditativa dos méritos e do Anexo II, co obxectivo de adaptalo á secuencia establecida nas propias bases da convocatoria.

Deste xeito, o prazo comezará a computarse unha vez publicada na sede electrónica do Concello a lista de persoas candidatas preseleccionadas.

A primeira addenda aprobada non chegou a producir efectos, ao coincidir a súa aprobación coa publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e non terse publicado aínda a relación de persoas preseleccionadas.

Toda a información pode consultarse na sede electrónica do Concello da Baña e no arquivo adxunto a esta nova.

 

8-9-2026

O Concello da Baña aprobou unha addenda ás bases do proceso selectivo para contratar temporalmente unha persoa como peón ou peoa forestal, ao abeiro do programa destinado a persoas mozas inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil.

A modificación establece que as persoas preseleccionadas pola oficina pública de emprego deberán presentar a documentación acreditativa dos méritos e o Anexo II, de carácter obrigatorio, ata o 14 de setembro de 2026, inclusive.

A documentación deberá entregarse mediante orixinais ou copias compulsadas no Rexistro do Concello da Baña, en horario de 9.00 a 14.00 horas. O resto das bases da convocatoria permanece sen cambios.

Toda a información pode consultarse na sede electrónica do Concello da Baña e no arquivo adxunto a esta nova.

 

24-8-2026

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou este luns, 24 de agosto, as bases da convocatoria para a contratación temporal dunha persoa como peón ou peoa forestal no Concello da Baña.

O posto, a xornada completa e cunha duración de nove meses, está vinculado ao Programa FSE+ Galicia 2021-2027 para a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

A selección realizarase mediante unha oferta de emprego presentada polo Concello na Oficina Pública de Emprego de Santiago Norte. Só poderán participar no proceso as persoas incluídas na listaxe remitida polo Servizo Público de Emprego de Galicia.

Toda a información, os requisitos e a documentación necesaria poden consultarse na sede electrónica do Concello da Baña e no arquivo adxunto a esta nova.