imprimir
Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
Visitas: 252

15 de maio de 2024

Faise público o resultado do proceso selectivo para a provisión urxente, polo sistema de concurso-oposición, dun/ha peón/peoa de obra como persoal laboral temporal, ao abeiro do Plan de Emprego Local (PEL-CONCELLOS 2024), por un periodo de sete meses e cinco días, no Concello da Baña.

Así mesmo, apróbase e publícase a listaxe de persoas suplentes, coas que se formará unha bolsa de traballo para cubrir as vacantes que eventualmente puideran xurdir, ou para atender necesidades de emerxencia e imprevistos en xeral.

Concédese un prazo de dous días hábiles no que os/as aspirantes poderán presentar ante o Tribunal as reclamacións que estimen oportunas á valoración provisional.

A resolución pode consultarse no arquivo adxunto ou nesta ligazón.

 

3 de maio de 2024

Faise pública a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos e nomeamento do tribunal para a provisión urxente dun/ha peón/peoa de obra como persoal laboral temporal por un periodo de sete meses e cinco días, no concello da Baña.

A resolución pode consultarse no arquivo adxunto ou nesta ligazón.

 

17 de abril de 2024

Publícanse as listas provisionais de aspirantes admitidos/as para a provisión urxente dun/ha peón/peoa de obra como persoal laboral temporal por un periodo de sete meses e cinco días, no concello da Baña.

A resolución pode consultarse no arquivo adxunto ou premendo nesta ligazón.

 

1 de abril de 2024

Fanse públicas as bases e a convocatoria do proceso selectivo, polo sistema de concurso oposición, para a contratación no Concello da Baña dun/ha peón/peoa de obra como persoal laboral temporal por un periodo de sete meses e cinco días, ao abeiro do PEL (Plan de Emprego Local) 2024, da Deputación da Coruña. 

No arquivo adxunto pode consultarse a información publicada no BOP.