imprimir
Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
Visitas: 1369

A Baña. 11-11-2020.- O Concello da Baña recórdalle a autónomos e microempresas a 𝐢𝐦𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐝𝐞 𝐜𝐮𝐛𝐫𝐢𝐫 𝐜𝐨𝐫𝐫𝐞𝐜𝐭𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐨 𝐚𝐧𝐞𝐱𝐨 𝐈𝐗, 𝐞𝐬𝐩𝐞𝐜𝐢𝐟𝐢𝐜𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐧𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐝𝐚 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐬𝐚 𝐨𝐮 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬. Este apartado do anexo IX é relevante para optar as axudas do PEL Reactiva que promove a Deputación da Coruña en colaboración co Concello.

As condicións das empresas forman parte dos criterios de valoración establecidos pola Deputación da Coruña, polo que se non están sinaladas axeitadamente non se puntuarán e reducirase a posibilidade de optar as subvencións. O anexo IX forma parte da documentación a cumprimentar, e pódese atopar na sede electrónica do Concello da Baña (neste enlace)

Entre os criterios que se valoran para ter acceso a subvención figura o de tipo de empresa, a forma xurídica da mesma, o número de mulleres contratadas, persoas con discapacidade ou menores de 30 anos, así como se se emprega o galego na realización da actividades.

As persoas que xa presentaran a documentación solicitando o PEL Reactiva e non cubriran adecuadamente o anexo IX (se esqueceran de marcar este criterios), poden presentar documentación complementaria antes do día 25 de novembro.

O prazo para solicitar estas axudas remata o 25 de novembro. Sigue lendo esta nova para obter máis información sobre esta convocatoria do PEL Reactiva.

 

 

Venres: 6-11-2020

Autónomos e microempresas da Baña poden solicitar desde mañá as axudas do PEL Reactiva da Deputación

Autónomos e microempresas radicadas no municipio poden solicitar a partir de mañá no Concello da Baña as subvencións incluídas no Plan PEL Reactiva 2020 para costear gastos correntes. Este programa, cofinanciado pola Deputación da Coruña nun 80 por cento, ten como principal obxectivo impulsar a actividade económica e o emprego no municipio bañés contribuíndo a paliar, na medida do posible, os danos derivados da pandemia da covid-19 nas pequenas empresas e persoas autónomas de cara á súa recuperación e viabilidade no novo contexto socioeconómico.

As persoas interesadas deberán presentar as solicitudes por vía telemática a través da Sede Electrónica do Concello da Baña (preme aquí) utilizando o modelo normalizado de solicitude dispoñible na mesma, e deberán achegar a documentación establecida. O prazo para remitir a documentación finaliza o vindeiro 25 de novembro ás 14.00 horas.

O período subvencionable establécese entre o 1 de marzo e o 31 de decembro de 2020. As persoas beneficiarias das axudas deberán presentar a documentación xustificativa antes do 31 de marzo de 2021.

Quen pode solicitar este programa de axudas

Poderán solicitar esta subvención as persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos seguintes supostos:

Para os efectos destas subvencións terán a categoría de microempresa aquelas empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non excedan de 2 millóns de euros.

Requisitos básicos

Os requisitos básicos para acceder ao programa PEL Reactiva 2020 da Deputación da Coruña son os seguintes:

Gastos subvencionables

Con cargo a esta liñas de axudas, as persoas autónomas e empresas poderán obter financiación para facer fronte aos gastos correntes seguintes (o IVE non é subvencionable):

As bases da convocatoria poden atoparse nos seguintes enlaces ao Boletín Oficial da Provincia (BOP):

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/08/12/2020_0000005589.pdf 

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/11/06/2020_0000007937.pdf