imprimir
Categoría: axudas e subvencions
Visitas: 385

Requisitos:

1.-Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos no curso escolar 2015/16.

2.-Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3.-Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros, no ano 2013.

Lugar e prazo de solicitudes: no centro educativo no que estean matriculados. Unha solicitude por alumno/a. O prazo é dun mes contado a partir do día 2 de setembro de 2015.

Solicitudes e documentación que hai que presentar:Cubrir o anexo 1, imprimir, asinar e presentar xunto coa documentación complementaria no centro escolar.

www.xunta.es/formularios/generarPlantillaPDF

Contía das axudas: 50 euros por alumno/a que reúna os requisitos.

Máis informaciónwww.edu.xunta.es, centros educativos, educadora familiar do Concello da Baña.