imprimir
Categoría: Servizos sociais INICIO
Visitas: 443

20221021 Bana entrega regalo as catro persoas de mais idade Festa Maiores 12

O Concello da Baña  rendeulle unha homenaxe ás catro persoas de máis idade que o pasado día 15 asistiron a Festa dos Maiores. Nun acto celebrado no salón de plenos da casa consistorial, o alcalde entregoulles unha placa de madeira co Arbol da vida a María Regina Paradela Cancela, de San Vicenzo e 94 anos, Carmen Allo Castro (Suevos, 94 anos), José Manteiga García (Ordoeste, 96 anos) e a Melchor Victoriano Uzal Mariño (Troitosende, 89 anos). No acto estiveron presentes o tenente de alcalde, César Ramos; a concelleira de Cultura, Lorena Trillo, e familiares dos homenaxeados.

20221021 Bana entrega regalo as catro persoas de mais idade Festa Maiores 3

Andrés García Cardeso e César Ramos louvaron o traballo realizado durante toda a súa vida polas persoas homenaxeadas, sobre todo o das mulleres que viven no rural. “É un orgullo para A Baña que xente coma vós continúe representando o noso Concello con esa vitalidade”, recordaron. Despois entregáronlles unha reprodución do Árbol da vida e unha planta a cada un. O regalo de Carmen Allo, que non se puido desprazar, recolleuno o seu fillo José Manuel Antelo. José Manteiga acudiu acompañado do seu fillo José Luis e Victoriano Uzal da súa filla Anuncia e da súa neta Natalia Nogueira.

20221021 Bana entrega regalo as catro persoas de mais idade Festa Maiores 4

O alcalde recordou que o acto, previsto para o remate da festa dos maiores celebrado o pasado día 15 no polideportivo de San Vicenzo, suspendeuse debido a que un dos asistentes tivo un problema de saúde e foi trasladado ao hospital polos servizos médicos presentes na festa.

20221021 Bana entrega regalo as catro persoas de mais idade Festa Maiores 6

20221021 Bana entrega regalo as catro persoas de mais idade Festa Maiores 8