imprimir
Categoría: Servizos sociais INICIO
Visitas: 329

Foi unha iniciativa do Servizo de Axuda no Fogar para promover a estimulación cognitiva nos domicilios de usuarios e usuarias

20211227 Pura Quintas ALF2276

O pasado mes de setembro o equipo profesional que desenvolve o Servizo de Axuda no Fogar xestionado por Atendo no municipio da Baña puxo en marcha un Programa de estimulación cognitiva no fogar que espertou moito interese entre as persoas usuarias.

Coincidindo con estas datas de Nadal, nove desas persoas beneficiarias deste programa animáronse a facer unha serie de traballos que lle queren amosar a toda a veciñanza a través das redes sociais do concello.

Dende postais de Nadal, ata figuras decorativas, cadros, árbores de Nadal ou velas e estrelas son algunhas das creacións destes e destas artistas que se poden ver no Facebook do Concello da Baña.

20211227 David Quintans ALF2320

Pura Quintáns, David Sueiro, Maruja Rugido, Cándida Nieto, Lola Giraut, Ángela Trillo ou Fina son algunhas das persoas que participan nesta iniciativa (outras prefiren manterse no anonimato).

Andrea Pérez, e Rocío Vázquez, membros do equipo de coordinación de Atendo relacionadas co programa, destacan a implicación e o traballo realizado por todas as persoas que participaron nesta iniciativa, que ten por obxectivo “promover vidas con sentido”, aseguran.

Podes ver máis traballos feitos polas persoas participantes no programa de estimulación cognitiva na páxina de Facebook do Concello da Baña (preme aquí).

 

20211227 Candida Nieto ALF2356