imprimir
Categoría: Servizos sociais INICIO
Visitas: 397

pacto de estado triptico11922 1

O Concello da Baña, a través do departamento de Servizos Sociais, programa para o mes de xuño a actividade 'De nós para nós'. Trátase de oito sesións de traballo destinadas a que as mulleres poidan mellorar unha serie de capacidades coa fin última de apostar polas súas propias necesidades, silenciando as imposicións e os límites marcados polo patriarcado.

A actividade, que será impartida por Ana García Liñares, comprende exercicios de concentración e coñecemento interior para lograr un maior benestar. A través do movemento, a música, a respiración, etc, as participantes aprenderán a ver as conexións entre o corpo e as emocións para ter ferramentas que lles permitan distanciarse daquelas circunstancias que as alteran ou as fan sufrir e poder vivir con máis calma. Trátase, ademais, dun espazo de xuntanza no que as mulleres poderán compartir experencias.  

As sesións desenvolveranse nas mañás dos días 9, 11, 14 16, 21, 23, 29 e 30 de xuño en horario de 9:30 a 13:30 horas. Aberta a todas as mulleres maiores de idade e subvencionada pola Secretaría de Estado de Igualdade, a actividade é gratuíta.

As prazas están limitadas a quince, sendo precisa inscrición. Esta pode facerse de dúas maneiras:

  1. Chamando ao número de teléfono 981 886 501
  2. Enviando un mail á dirección de correo electrónico monica.gonzalezEste enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

O horario de información e inscrición é de 9:30 a 14:30 horas e o prazo de inscrición estará aberto entre o mércores 26 de maio e o mércores 2 de xuño.

triptico corrixido 2