imprimir
Categoría: Servizos sociais INICIO
Visitas: 663

20200930 mascarillas webO Concello da Baña vén de recibir 18 caixas de mascarillas, cun total de 900 unidades, para distribuír entre os colectivos máis vulnerables á Covid-19, operarios municipais de limpeza, traballadores de Servizos Sociais e do Servizo de Axuda no Fogar, entre outros. Esta doazón forma parte da campaña promovida polo Goberno de España e a FEMP para avanzar na contención da pandemia e na concienciación da cultura da protección á cidadanía.

Neste sentido, estanse a entregar aos concellos de menos de 20.000 habitantes un total de 117.000 mescarillas a través da Deputación da Coruña. O reparto, fixado en proporción á poboación de cada concello, outorgoulle ao Concello da Baña un total de 900 unidades, que xa foron entregadas pola Deputación.

A prioridade establecida polo Goberno e a FEMP para o reparto deste material son os colectivos máis vulnerables de nosos pobos e cidades, xunto a operarios municipais de limpeza e residuos sólidos, empregados do transporte público urbano, traballadores sociais, policías locais, bombeiros, etc.