imprimir
Categoría: Servizos sociais INICIO
Visitas: 961

20200306 PAI BañaO prazo para solicitar a renovación da praza ou o novo ingreso no curso 2020-2021 no Punto de Atención á Infancia (PAI) da Baña, que fora paralizado como consecuencia do estado de alarma, reabre o vindeiro luns, día 1, e ata o 7 de xuño, ambos incluídos. Pódense presentar as solicitudes de matrícula dos menores con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos.

A presentación de solicitudes e documentación complementaria realizarase preferentemente de xeito telemático. Os modelos de solicitude que hai que cubrir achéganse nos anexos desta nova, así como un tutorial de como facer esta tramitación na sede electrónica municipal. En caso de dúbidas ou dificultades para seguir o proceso en liña, poden dirixirse á educadora familiar concertando unha cita previa no número de teléfono 981 817 605, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Cun total de 20 prazas, o PAI da Baña ofrece atención educativa e atención ás necesidades básicas da infancia, á vez que favorece a conciliación da vida laboral e familiar. As familias poden optar por utilizar o servizo en réxime de media xornada (ata 4 horas) ou de xornada completa (de 4 a 8 horas). Cómpre salientar que non se fai discriminación de tarifa por horas, senón por tipo de xornada.

O centro ten un horario que vai das 7.45 ás 15.45 horas de luns a venres, se ben este horario está suxeito a modificacións en función das necesidades das familias. Canto aos horarios das crianzas, os nenos e nenas poden entrar no centro ata as 10.00 horas; aqueles que non comen no PAI teñen que saír antes das 13.00 horas; e, finalmente, a hora de recollida dos que si comen no centro é a partir das 14.30 horas.

Attachments:
Download this file (Anexo I Solicitude PAI.pdf)Anexo I: Solicitude de matrícula no PAI[Anexo I: Solicitude de matrícula no PAI]141 kB
Download this file (Anexo II Solicitude PAI.pdf)Anexo II: Solicitude de matrícula no PAI[Anexo II: Solicitude de matrícula no PAI]281 kB
Download this file (Instrucions da Sede Electrónica.pdf)Instrucións da Sede Electrónica[Instrucións da Sede Electrónica]470 kB