imprimir
Categoría: Emprego e Desenvolvemento INICIO
Visitas: 710

20210810 cursos pel emprego sustentable 2

O proxecto PEL Emprego Sustentable, promovido pola Deputación da Coruña e financiado nun 80% polo fondo Social Europeo, desenvolverá nos vindeiros meses catro novos itinerarios formativos coa finalidade de crear emprego no ámbito rural. O prazo de inscricións permanecerá aberto ata o 3 de setembro.

As formacións, dirixidas a persoas desempregadas, teñen carácter gratuíto e pode solicitarse tamén unha bolsa de desprazamento. Haberá catro modalidade:

  1. Atención sociosanitaria a persoas en institucións. Terá unha duración de seis meses e impartirase en Ordes (data prevista de comezo o 17 de agosto), Cee (18 de agosto), Narón, Cambre, Culleredo e Ortigueira (13 de setembro nas catro localizacións).
  2. Xestión de chamadas de teleasistencia. Realizarase un único curso en Arteixo, con data prevista de comezo o 13 de setembro. Prolongarase catro meses.
  3. Dinamización comunitaria. Terá edicións en Ortigueira, Santa Comba e Ordes. Iniciarase o 10 de setembro e durará ao redor de 6 meses e medio.
  4. Guía por itinerarios de baixa e media montaña. Haberá un curso en Teo (con comezo o 20 de setembro) e outro en Mazaricos (27 de setembro). A duración será de 7 meses.

As inscricións poderán realizarse a través da sede electrónica do Concello da Baña ou presenciamente na Axencia de Desenvolvemento Local.