Cultura 4

O Concello da Baña recibiu unha subvención por importe de 72.480,00 euros da Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Programa de Financiamento dos Servizos Comunitarios Municipais en 2025 (FOPPSS/2025).

A concesión desta axuda foi publicada no Boletín Oficial da Provincia número 59, do xoves, 27 de marzo de 2025.

A subvención permitirá financiar persoal municipal nos seguintes ámbitos:

  • Persoal administrativo, grupo C1 ou C2
  • Persoal técnico, grupo A2
  • Persoal auxiliar do SAF, en réxime de libre concorrencia

Este financiamento contribúe ao mantemento e reforzo dos servizos comunitarios municipais, garantindo unha atención de calidade á veciñanza da Baña.

A resolución do BOP pode consultarse no documento adxunto.