
O Concello da Baña recibiu unha subvención por importe de 7.000,00 euros da Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada no ano 2025 (FOEAC/2025).
A concesión desta axuda foi publicada no Boletín Oficial da Provincia número 34, do mércores, 19 de febreiro de 2025.
Este financiamento permitirá ao Concello da Baña desenvolver accións dirixidas a promover o envellecemento activo, reforzar a participación social das persoas maiores e previr situacións de soidade non desexada no ámbito municipal.
A resolución do BOP pode consultarse no documento adxunto.