imprimir
Categoría: Cultura e educación
Visitas: 618

 

Os rapaces e rapazas da Baña gozaron, xunto cos seus familiares, do mago Pedro Bugarín que levou ata o centro social e da terceira idade o seu espectáculo ‘Mundo Máxico 3.0’, con motivo da celebración do Samaín. Unha actuación que estivo chea de risas e moito humor, na que non só xogaron os cativos e cativas senón que os seus pais e nais tamén foron os primeiros en animarse a participar. E é que ‘Mundo Máxico 3.0’ é un espectáculo versátil en clave de humor, no que a maxia xoga un papel moi importante, pero mesturada coas novas tecnoloxías.

A convocatoria superou as expectativas, xa que ademais do público do propio centro da terceira idade e as familias da Baña, tamén acudiu público de Negreira.

Para rematar a tarde nada mellor que unha merenda a base das tradicionais chulas de crema que, dado o éxito da convocatoria, apenas chegaron para repetir.

Esta actividade enmárcase no programa Ler conta Moito da Xunta de Galicia.