imprimir
Categoría: Cultura e educación
Visitas: 458

O Concello da Baña convoca axudas de transporte gratuíto durante o curso 2022/23 para toda a mocidade empadroada no municipio que estea estudando Bacharelato, FP ou calquera outro tipo de educación non universitaria e non obrigatoria en centros de Negreira ou Santa Comba.

As rapazas e rapaces interesados poden solicitar estas axudas na Concellaría de Educación da Baña durante todo o mes de agosto chamando ao número de teléfono do Concello 981 886 501. Cando chamen, deberán facilitar o seu número de teléfono, a súa dirección e o nome do centro no que están matriculados.

Con estas achegas, o Concello pretende axudar ás familias ao tempo que lles facilita aos estudantes a posibilidade de seguir residindo nos seus domicilios da Baña durante o tempo que dure a súa formación. Mozas e mozos gozarán de transporte gratuíto ata os centros educativos de Negreira ou Santa Comba ao longo do curso escolar.