imprimir
Categoría: Cultura e educación
Visitas: 69

 

Tranxugueiras 2Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, darán a coñecer mañá as gañadoras e gañadores da súa quinta edición. Tras a paréntese do ano pasado, os galardóns recuperan neste 2021 a entrega presencial cunha gala que se celebrará na casa da cultura de Bertamiráns (Ames) ás 20.00 h e que estará conducida polo grupo Tanxugueiras. Un total de 35 propostas finalistas aspiran a estes galardóns que reparten 7.500 euros entre as persoas gañadoras das doce categorías. Os premios de canle, youtubeira/o e vídeo contan cunha dotación económica que ascende aos 1.000 euros, mentres que a do resto (calidade lingüística, impacto, calidade técnica, comunicación, creatividade, didáctico e pioneiro) é de 500 euros. Esa mesma cifra recibirá quen leve o Premio do Público, que se escolle a través dunha votación na Rede. 

 As deliberacións do xurado, constituído por Fernando Ramallo, Adrián Lede, Noemí García, Sonia Méndez e Esther Estévez, determinaron que Olaxonmario, Neeumátiko e Cousxs sexan finalistas para o Premio Youtubeira/o 2021. Os dous primeiros ademais aspiran, xunto a O Son das Ideas, a facerse co galardón á canle. Na categoría de vídeo, os finalistas son: Por que non entendo o portugués? Co @Portuguese with Leo, vídeo de Olaxonmario; A nova bomba de Tanxugueiras, vídeo de Cousxs, e Educación Franquista, vídeo de Pradorua. Olanxonmario aspira en total a facerse cos premios en cinco categorías (canle, youtubeiro/a, vídeo, impacto e creatividade). A cinco galardóns opta Neeumatiko (canle, youtubeiro/a, calidade lingüística, impacto e didáctico) e tamén Cousxs (youtubeiro/a, vídeo, calidade lingüística e premio musical). O Son das Ideas pelexa por tres premios (canle, técnica e creatividade). 

Na gala estarán representadas a práctica totalidade das institucións organizadoras dos Premios Youtubeiras, iniciativa que lle dá visibilidade ao uso do galego no  Youtube ao tempo que fomenta a creatividade e xera referentes na nosa lingua dun axente con gran repercusión social no mundo dixital como son os/as youtubeiros/as. Así, á entrega de galardóns asistirán o alcalde de Ames, Blas García; do Grove, José Antonio Cacabelos Rico; o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez; a deputada de Igualdade e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, María Muíño, ou a concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística de Ames, Escarlata Pampín.

Por parte do Concello de Santiago, está previsto que acudan Rubén Prol, concelleiro de Políticas Lingüísticas, e Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural, e  dende o de Pontevedra, Alberto Oubiña, concelleiro de Normalización Lingüística. Ribadeo estará representado pola súa concelleira de Cultura e Consumo, Pilar Otero Cabarcos, mentres que dende Teo asistirá María López Álvarez, concelleira de Igualdade, Cultura e Educación.

A concelleira de Política Social, Emprego, Educación, Cultura e de Deportes, Mónica González Blanco, representará A Baña, mentres que de Negreira estarán a concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, Mar García Vidal, e a concelleira de Educación e Sanidade, Teresa Douro Leis. Ames contará tamén co seu concelleiro de Transición Ecolóxica e Medio Rural, Manuel Lens, e por parte de Moaña asistirá o seu concelleiro de Normalización Lingüística, Aldán Santamarina.  

Relación de finalistas por categorías

  1. PREMIO CANLE 

O Son das Ideashttps://www.youtube.com/c/OSondasIdeas

Olaxonmario: https://www.youtube.com/c/olaxonmario

Neeumatiko:https://www.youtube.com/c/neeumatiko

 

  1. PREMIO YOUTUBEIRA

Olaxonmario: https://www.youtube.com/c/olaxonmario

Neeumatiko:https://www.youtube.com/c/neeumatiko

Cousxs:https://www.youtube.com/channel/UCiVIO1EwXrM-nH2AQnlJ5HA

 

  1. PREMIO VÍDEO

Por que é que non entendo o portugués? Co @Portuguese With Leo (vídeo de Olaxonmario):https://www.youtube.com/watch?v=eTgMtKL6xjU

A nova bomba das Tanxugueiras (vídeo de Cousxs):

https://www.youtube.com/watch?v=7i4bL3JMew4

Educación franquista (vídeo de Pradorua):

https://www.youtube.com/watch?v=IHnRDoUFQEo&t=11s

4.PREMIO CALIDADE LINGÜÍSTICA

Neeumatiko:https://www.youtube.com/c/neeumatiko

Cousxs: https://www.youtube.com/channel/UCiVIO1EwXrM-nH2AQnlJ5HA

Esbardalhando:https://www.youtube.com/channel/UC-wZ4BGhn2j6_C8TAbgsIQw

5.PREMIO IMPACTO

Pablo Rodríguez Vila:https://www.youtube.com/c/PabloRodr%C3%ADguezvila

Olaxonmario:https://www.youtube.com/c/olaxonmario

Neeumatiko:https://www.youtube.com/c/neeumatiko

 

6.PREMIO CALIDADE TÉCNICA

Toxíohttps://www.youtube.com/c/TOX%C3%8DO

O Son das Ideas:https://www.youtube.com/results?search_query=o+son+das+ideas

Xacobo de Torohttps://www.youtube.com/c/XacobodeToroCacharr%C3%B3n

 

7.PREMIO COMUNICACIÓN

AstroXabi:https://www.youtube.com/channel/UCUXcwKz8lfP9HCmLLS0Jp9A

Pablo Rodríguez Vila:https://www.youtube.com/c/PabloRodr%C3%ADguezvila

Un rapáTRANSquilo FTM. :https://www.youtube.com/channel/UC6-Bv4wAeqG0fosD0DH8HHw

 

8.PREMIO CREATIVIDADE

Cousas RarismASMR: https://www.youtube.com/channel/UC59LurczeXkyHRdBkkAePTg

O Son das Ideashttps://www.youtube.com/c/OSondasIdeas

Olaxonmariohttps://www.youtube.com/c/olaxonmario

 

9.PREMIO MUSICAL

Cousxs:https://www.youtube.com/watch?v=vUjuYUMCXks

FØ Records:https://www.youtube.com/channel/UCjGf34aYEiKmZJQR23AYGzw

 

  1. 10PREMIO DIDÁCTICO

Xacobo de Toro:https://www.youtube.com/c/XacobodeToroCacharr%C3%B3n

O Son das Ideas:https://www.youtube.com/c/OSondasIdeas

Neeumatiko:https://www.youtube.com/c/neeumatiko

  1. PREMIO PIONEIRO 

Recuncho Gamer:https://www.youtube.com/channel/UCqbohZKRrOTtvsR2H1Qjwig

Pingandohttps://www.youtube.com/channel/UC-Zth6S2QbSNzMsyj4MFAcA

Astroxabi:https://www.youtube.com/channel/UCUXcwKz8lfP9HCmLLS0Jp9A

 

  1. PREMIO DO PÚBLICO

Conversas con Anselmo López Carreira: O reino medieval de Galicia; da canle Orgullo Galego:https://www.youtube.com/watch?v=cn5u-Hqbbac

Amemos o noso de Xabi Gómez e Sara Sánchez: https://www.youtube.com/watch?v=EJQVaZzgAD0

“El cuarteto de IBAI” - Lucas Requena (PARODIA / VERSIÓN GALEGA) | Feat. Dani Piñeiro de Fica coa Bola.: https://www.youtube.com/watch?v=XIn3btCuIoo