imprimir
Categoría: axenda
Visitas: 872

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Baña, a EEI de Lañas e o CPI SanVicente queren agasallar a todas as nais no seu día recollendo, ao longo do mes de maio, os ditos que veñen repetindo desde hai moitos anos e que se van transmitindo de xeración en xeración.

Este traballo de recollida vaino realizar, principalmente, o alumnado aínda que tamén pode participar toda persoa interesada a través do blog do SNL (snl.concellodeabana.es) ao que se pode acceder a través da páxina web do Concello (www.concellodeabana.es).

Todas as persoas participantes pódenlle engadir ao seu dito a fotografía da mamá para así poder facer, máis tarde, unha exposición conxunta de ditos e fotografías.

Esta actividade ten como finalidade recuperar, manter e difundir os nosos ditos, especialmente entre a mocidade.

Ficheiros: 

Ditos_de_mamas.pdf