Listaxe inscritos:

En construcción

Inscricións:

 

Encha o seguinte formulario:

captcha
Powered by BreezingForms

 

Nota: Os participantes que non estean federados poderán facer o ingreso dos 10 € nos seguintes números de conta indicando o DNI da persoa participante:

 

ES92 2080 0326 1731 1000 0035 ABANCA
ES26 0238 8191 8806 6000 1061 Banco Pastor

Regulamento:

REGULAMENTO DA MARCHA CICLOTURISTA: II RUTA B.T.T. FILLOA DA PEDRA CONCELLO DE A BAÑA 25/03/2018

Por mor da previsión de mal tempo para o sábado 9 e domingo 11, o Concello da Baña acordou aprazar a celebración da II Ruta BTT para o domingo 25 de marzo. O prazo de inscrición pecharase o xoves, 22 de marzo. Son os únicos aspectos que se modifican no Regulamento.

 

1- O Concello da Baña, en colaboración co Club Ciclista Negreira e coa autorización da Federación Galega de Ciclismo e organismos competentes, é o organizador da II RUTA BTT FILLOA DA PEDRA, que se celebrará o domingo 11 de marzo de 2018 (nova data: Domingo 25 de marzo).

2- Esta marcha BTT está aberta a tódolos/as ciclistas maiores de 15 anos en posesión da licenza federativa en vigor. Quen non tivera dita licenza poderá tramitar a licenza dun día (seguro de accidentes e responsabilidade civil) concedida pola Federación Galega de Ciclismo.

3- É obrigatorio o uso do casco protector. Levar visible a acreditación entregada pola organización e presentar a licenza federativa na saída.

4- A ruta está sinalizada, debendo os/as participantes respectar o itinerario e o ritmo marcado pola organización, non podendo pasar ao vehículo que abrirá a carreira.

A ruta está aberta ao tráfico nalgúns puntos, polo que os/as participantes deberán circular pola súa dereita o máis preto posible da beiravía, e respectando as normas de tráfico.

5- A saída será ás 10:00 h. dende o campo de fútbol municipal, para facer un percorrido duns 42 km. (ruta longa) ou duns 32 km. (ruta curta) por pistas forestais dunha dificultade media. A chegada seá no mesmo punto da saída. Haberá un punto de avituallamento sólido e líquido no km. 20, e outro avituallamento líquido no km. 30.

A organización resérvase o dereito a modificar o percorrido por causas climatolóxicas e/ou de seguridade.

6- A ruta ten un custo de inscrición de 5 € para tódolos participantes, e ademais os non federados deberán aboar outros 10 € para obter o permiso de 24 horas facilitado pola Federación Galega de Ciclismo, e que será xestionado pola organización ao pago da inscrición na carreira . Estas cotas ingresaranse en calquera das seguintes contas:

ABANCA: ES92 2080 0326 1731 1000 0035
BANCO PASTOR: ES26 0238 8191 8806 6000 1061

7- A inscrición poderá facerse ata o xoves 08 de marzo de 2018 (nova data: 22 de marzo) mediante o formulario que se habilitará ao efecto na páxina web do concello da Baña: www.concellodabana.gal . Para calquera tipo de información poderán chamar aos teléfonos 981 886 777 - 981 886 501.

8.- Só serán considerados/as participantes da marcha aqueles/as que realizaran debidamente a inscrición e leven visible o distintivo entregado pola organización, se non poderán ser obrigados/as a saír do percorrido mentres se desenvolve a marcha. Non se considerarán participantes aqueles/as que de xeito intencionado faciliten datos falsos ao inscribirse.

9.- A organización disporá durante o transcurso da marcha dos servizos de asistencia sanitaria, mecánica (reparacións rápidas), servizo de limpeza para as bicicletas e duchas unha vez rematada a marcha nas intalacións do campo de fútbol municipal da Baña.

10.- Os/As participantes están obrigados/as a auxiliar aos/ás accidentados/as e a respectar as normas de circulación nos cruces de carretera.


11.- Os participantes deberán respectar o entorno por onde transcorre a marcha quedando terminantemente prohibido tirar lixo en todo o percorrido.


12.- A organización non se fai responsable dos accidentes nos que sexa causa a neglixencia dos participantes, así coma dos danos que estes puideran ocasionar durante a realización da marcha no caso de que non se cumpra o estipulado neste Regulamento.

13.- Cada participante será responsable dos seus actos tanto dentro como fóra da marcha, excluíndo á organización das responsabilidades que tiveran lugar, incluíndo posibles accidentes e as súas consecuencias, debendo cumprir o vixente regulamento de circulación, xa que a circulación non estará cortada.

14.- A inscrición nesta marcha conleva a aceptación do presente regulamento en tódolos seus termos e as instrucións dos Organizadores para o bo desenvolvemento da marcha.

CLUB CICLISTA NEGREIRA Y CONCELLO DA BAÑA.