imprimir
Categoría: novas
Visitas: 436

Máis de 250 persoas apostan hoxe na Baña polas actividades saudables e facer deporte, participando activamente na primeira edición do Día do Deporte na rúa, unha iniciativa da Concellaría de Xuventude e Deportes e na que os asistentes puideron practicar baloncesto, tenis de mesa, badminton, fútbol sala, atletismo, practicar xogos populares, zumba, step, jumping ou facer un circuíto de traning, entre outras modalidades.
O bo tempo axudou a que a participaron fose importante dende primeira hora da mañá. Nas pistas habilitadas diante do concello, uns 80 nenos e nenas participaron dende as dez no torneo de baloncesto, mentres que outros optaron polo tenis de mesa ou o bádminton, facer un circuíto de training ou as actividades dirixidas ao ritmo da música. Os inchables fixeron gozar aos máis cativos, que estaban seguido baixando polo tobogán.
Pola tarde organizaronse torneos de fútbol sala, atletismo e tiro con arco, nunha xornada na que veciños de Baña e doutros concellos da contorna se animaron a practicar deporte.

Máis fotos no facebook do Concello da Baña

20180519 ALI1756